Skip to Content

blogue decdepaz

Pachanga Semana Santa

Antes de nos marchar de vacacións de Semana Santa, houbo algunhas actividades. No Pabillón da Sardiñeira fixéronse as tradicionais pachangas profesor@s/alumn@s nas que se xuntou a xente de ESO, BAC e CICLOS. Fai clic na foto para ver unha pequeña presentación fotográfica. Sinto non ter podido estar durante todos los partidos.

 

http://www.edu.xunta.gal/centros/iessardineira/webantiga/pachanga/

 

 

Para toupas e torpóns

¿Quen non pechou un programa sen querer perdendo o traballo que estaba a facer? É ese momento, xusto logo de facer clic sobre a aspiña da esquina superior dereita da fiestra. ¡¡¡AI, 'mércores'!!!

Gonein60s é un programiña de balde que pode reverter a desfeita se te das de conta antes de que pase 1 minuto. Funciona en tódalas versións de windows.

 

Roteiro por Chelo

Onte tiven a ocasión de compartir actividade extraescolar cos compañeiros do Dpto de educación física e os alumnos de 1º e 2º da ESO. Fumos a facer un percorrido pou un dos enclaves máis fermosos da nosa natureza. Deixovos aquí algunha das fotos feitas onte para que vexades o que nos disfrutamos

Chelo

  Clic na foto para ver unha pequena presentación de fotos.

Educación 2.0 na Sardiñeira

Corte completo do emitido en Noticias Cuatro o 25 de marzo de 2009 

Xogar sen videoconsola

A web 2.0 e a computación na nube da que vimos de falar no artigo anterior chegou xa ó universo dos xogos. E hai xogos interesantes, tamén cun alto valor educativo e coa posibilidade de interactuar conoutros xogadores.

 

Bos exemplos son IKARIAM (imaxe anterior),  NOS-TALE, e TRAVIAN.

Informática na nube

Hai que se ir facendo a escoitar cousas coma "escribir documentos na nube" no lugar de escribir no word ou no openwrite, gardei o arquivo "na nube", en vez de no pendrive ou no disco duro. Cada vez podemos facer máis cousas "na nube" e non debemos pensar que iso é algo coma "estar nas nubes". Ben polo contrario, "estás nas nubes" se aínda non sabes que a web2.0 trouxo da man unha nova forma de traballar na que cada vez precisamos menos programas instalados no noso ordenador. "A nube" é unha metáfora de internet. Xa somos quen de crear documentos de texto, presentacións, debuxos, organigramas, todo tipo de gráficos, mesmo editar vídeos tendo coma único software un navegador de internet (iexplorer, mozilla, opera, chome, etc.

Máis información en "Computación en la nube" (Wikipedia) 

Distribuir contido


by Dr. Radut