Skip to Content

blogue decdepaz

Mirada e Luz 2009

Desta volta vou pedir a vosa colaboración. Participo nun concurso de fotografía. A primeira fase cúbrese cunha votación popular en-liña. O malo é que precisa rexistrarse, o menos malo que é moi doado facelo e non dan a lata con spam nen cousa semellante. Logo, coas seleccionadas, entra un xurado de expertos para dar otorgar os tres primeiros postos. Por se algunha das fotos é do vosoagrado e queredes votala, deixo aquí as ligazóns as sete que presentei. 

Foto 1/7. Trompetas de Jericho no fin do mundo

Foto 2/7. Anxo e Lúa

Foto 3/7. Mare

Foto 4/7. Pedra labrada

Foto 5/7. Á procura

Foto 6/7. Mirada e Luz

Foto 7/7. Apoio á superación

 

Grazas por adiantado pola parada e moitísimas no caso de votar algunha ;-) 

O sono de Alejandría máis preto

Os fondos aínda son poucos -pode que non pasen dos 1.400 artigos- pero desde hai poucos días está en funcionamento a Biblioteca Dixital Mundial, un proxecto liderado desde a Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos e que conta coa axuda técnica da Bibliotheca Alexandrina e co respaldo da Unesco.

A idea é que, co tempo, vaia aumentando a colección de libros, diarios, manuscritos, mapas, películas, gravados e fotografías e gravacións sonoras dispoñibles grazas ás aportacións de institucións de todo o mundo.

Pódese navegar poa colección por lugar, data, tema, tipo de artigo, e institución. Tódolos contidos pódense ver en liña e descargar como PDF, TIFF, mp3, etc.

Fáltalle «un chisquiño» para chegar a ser o equivalente moderno do que no seu momento foi a mítica biblioteca de Alejandría, pero tódolos grandes monumentos comenzan coa primeira pedra. ¿Non si?

 

[Vía Microsiervos

O meu "web site home" preferido

.

.

.

.

.

.

Está aquí

.

.

.

.

.

.

.

 

Rexistra calquera cousa que sone no ordenador en formato MP3

MP3myMP3 Recorder é unha sinxela utilidade para gravar as emisións de radio por Internet, e salvar o son sobre un arquivo mp3 ou wav en tempo real. É quen de recoller e almacenar cualquera fonte de son emitida polo teu sistema, ben sexa un reproductor de música, un arquivo retransmitido vía streaming, desde un micrófono conectado á computadora, etc.

MP3myMP3 Recorder ofrece a posibilidade de axustar o grao decompresión dos ficheiros almacenados en MP3. Tamén podes deixarprogramada a gravazón dunha emisión dunha páxina web. Funciona comaun reproductor de arquivos de son, soportando osformatos MP3, WAV, AIF e AU. E aínda é quen de obter as carátulas dos CDs a través do servizo web de Amazon.

Outro sitio de música

Mentres a industria da música quedou anquilosada no pasado, na rede de redes seguen saíndo innovadores proxectos coa música como pilar fundamental.

Neste caso falamos de We Are Hunted, sitio que permite coñecer novas cancións e grupos. Basándose en datos obtidos de sitios como Last.fm, Pandoras, Blip.fm, MySpace Music e resto de webs semellantes, We Are Hunted publica unha lista coas 99 cancións máis escoitadas en Internet, xunto con outras clasificacións do máis escoitado da semana, do mes e do ano.

A lista amósase en forma de grella coas fotos de cada grupo, o seu nome, título da canción, ligazón para comprala e pódese escoitar cada unha das pistas.

 

[Vía Bitelia] 

Anatomía da risa escrita

Distribuir contido


by Dr. Radut