Iniciar sesión: Acceso

Convocatoria de axudas para material escolar curso 2024-2025

Está aberto o prazo de solicitudes para a participación no Fondo Solidario de material para o vindeiro curso 2024-2025 (ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25).

As solicitudes poden presentaranse por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal. Farase 1 única solicitude por familia.

Tamén se pode presentar presencialmente no centro educativo.