Taboleiro
O Servizo Nacional de Apoio eTwinning, do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, concedeu o Selo de Calidade Nacional eTwinning ó proyecto eTwinning My landscape, My literature, My say coordinado por Ana Belén López Pérez, docente do IES
Enviado por Admin o Mér, 17/09/2014 - 09:06O Servizo Nacional de Apoio eTwinning, do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, concedeu o Selo de Calidade Nacional eTwinning ó proyecto eTwinning My landscape, My literature, My say coordinado por Ana Belén López Pérez, docente do IES Plurilingüe San Rosendo de Mondoñedo.
O Selo de Calidade Nacional eTwinning supón un recoñecemento ó traballo realizado por alumnos e docentes ao deseñar e realizar o proxecto, tras ser valorado por un equipo evaluador. Ter obtido este Selo certifica que o proxecto cumpliu con criterios que se establecen a nivel europeo, como son a innovación pedagóxica, a integración do proxecto no plan de estudos, a comunicación e interación entre os socios, a colaboración entre os centros escolares asociados, o uso adecuado da tecnoloxía, os resultados e impacto do proxecto, así como unha boa documentación do mesmo.
A obtención do Selo tamén permite a participación do proxecto na próxima convocatoria de Premios Nacionais eTwinning e abre a porta á futura concesión do Selo de Calidade Europeo.
Premios extraordinariosde educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2013-14
Enviado por Admin o Mér, 03/09/2014 - 13:40ORDE do 12 de agosto de 2014 pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2013/14. (DOG Núm. 157 mércores, 20 de agosto de 2014)
!!!Patricia Martínez Paz, a mellor da selectividade do 2014¡¡¡
Enviado por Admin o Xov, 03/07/2014 - 14:27A cualificación más elevada do proceso da selectividade do 2014, un 9,96, foi logada por Patricia Martínez Paz, alumna do IES San Rosendo de Mondoñedo.
A USC homenaxeou, o día 1 de xuño, aos 434 estudantes de ensino medio que obtuvieron unha puntuación definitiva de 9 ou superior nas probas de acceso á universidade.
Nesta ceremonia, Patricia Martínez pronunciou unhas palabras nas que mostrou o seu agradecemento ó ensino público, no que ela se formou: «A educación pública debe estar en mans de todos e ninguén debe ser privado dela», afirmou no acto, celebrado no Auditorio de Galicia. Asistieron o rector, Juan Viaño; varios vicerrectores e outros representantes académicos da institución compostelana.
Patricia Martínez destacou na súa intervención que a escola pública «loita cada día contra a precariedade».
Manifestouse a favor dunha sociedade mellor e máis igualitaria, para loitar contra as inxustizas e buscar o progreso.
As alumnas de 4º da ESO becadas para estudar nos EEUU recibiron as súas credenciais
Enviado por Admin o Xov, 03/07/2014 - 13:36 Minerva Rivas, Gema González-Redondo e Ana Losada, estudantes do IES San Rosendo de Mondoñedo, recibiron as credenciais da Fundación Amancio Ortega e a Fundación Barrié para cursar o primeiro curso de Bacharelato en institutos de Estados Unidos.
Ambas fundacións lideran conxuntamente o Programa «Becas High School» desde o ano 2010, dirixido a alumnos de 4º curso de ESO de centros educativos de Galicia. A misión deste proxecto educativo, que celebra neste ano a súa quinta edición é potenciar as capacidades académicas e sociais dos 75 estudantes seleccionados en cada promoción.
As alumnas foron seleccionados a través dunha convocatoria aberta para estudantes de cuarto da ESO de cualquera centro educativo da comunidade cunha nota media que tiña que ser superior a 7,5 y unha mínima de inglés de 7.
O aloxamiento das estudantes en Estados Unidos realizarase en familias americanas de acollida co obxecto de que o proceso de integración e aprendizaxe da lingua inglesa sexa o máis completo posible.
A dotación de cada beca supón o 100 % do curso académico, así como o apoio continuado durante a estancia, a organización das viaxes, aloxamento e manutención durante o curso, así como o correspondiente seguro médico e de accidente.
II Campus de emprendemento sostible - Deputación de Lugo
Enviado por Admin o Mar, 01/07/2014 - 13:04
A Deputación de Lugo, e en concreto a área de Medioambiente e economías sostibles, está interesada en crear riqueza nas contornas das dúas Reservas da Biosfera que xestiona directamente: Terras do Miño e Os Ancares Lucenses e Montes de Navia, Cervantes e Becerreá. Nun contexto de crise coma o actual, onde a inserción laboral está a ser un grave problema, e tendo en conta que a creación de riqueza nun territorio pasa pola creación de empresas capaces de xerar á súa vez postos de traballo, require dunha labor de dinamización e sensibilización do espírito emprendedor, de maneira que o público obxectivo participante nesta acción formativa, contemple o autoemprego coma unha alternativa válida para a creación de postos de traballo, empezando polo propio.
Así, dende a Deputación de Lugo estamos a levar a cabo a “II Edición do Campus Emprendemento Sostible”, que nace para estimular o espírito empresarial, combinando sesións teóricas con visitas a empresas competitivas e sostibles, implantadas en contornas rurais da provincia de Lugo, que poden servir como referencia para os emprendedores das Reservas da Biosfera de Terras do miño e Ancares Lucenses.
ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES PARA O MES DE MAIO
Enviado por Admin o Ven, 09/05/2014 - 09:44
Campus de Verán Científico-Técnico para alumnos de cursos altos da ESO e Bacharelato
Enviado por Admin o Mér, 07/05/2014 - 09:42- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- seguinte ›
- última »
![RSS - Taboleiro Distribuir contido](/centros/iessanrosendo/misc/feed.png)