O Servizo Nacional de Apoio eTwinning, do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, concedeu o Selo de Calidade Nacional eTwinning ó proyecto eTwinning My landscape, My literature, My say coordinado por Ana Belén López Pérez, docente do IES

O Servizo Nacional de Apoio eTwinning, do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, concedeu o Selo de Calidade Nacional eTwinning ó proyecto eTwinning My landscape, My literature, My say coordinado por Ana Belén López Pérez, docente do IES Plurilingüe San Rosendo de Mondoñedo.

O Selo de Calidade Nacional eTwinning supón un recoñecemento ó traballo realizado por alumnos e docentes ao deseñar e realizar o proxecto, tras ser valorado por un equipo evaluador. Ter obtido este Selo certifica que o proxecto cumpliu con criterios que se establecen a nivel europeo, como son a innovación pedagóxica, a integración do proxecto no plan de estudos, a comunicación e interación entre os socios, a colaboración entre os centros escolares asociados, o uso adecuado da tecnoloxía, os resultados e impacto do proxecto, así como unha boa documentación do mesmo.

A obtención do Selo tamén permite a participación do proxecto na próxima convocatoria de Premios Nacionais eTwinning e abre a porta á futura concesión do Selo de Calidade Europeo.