As alumnas de 4º da ESO becadas para estudar nos EEUU recibiron as súas credenciais
Minerva Rivas, Gema González-Redondo e Ana Losada, estudantes do IES San Rosendo de Mondoñedo, recibiron as credenciais da Fundación Amancio Ortega e a Fundación Barrié para cursar o primeiro curso de Bacharelato en institutos de Estados Unidos.
Ambas fundacións lideran conxuntamente o Programa «Becas High School» desde o ano 2010, dirixido a alumnos de 4º curso de ESO de centros educativos de Galicia. A misión deste proxecto educativo, que celebra neste ano a súa quinta edición é potenciar as capacidades académicas e sociais dos 75 estudantes seleccionados en cada promoción.
As alumnas foron seleccionados a través dunha convocatoria aberta para estudantes de cuarto da ESO de cualquera centro educativo da comunidade cunha nota media que tiña que ser superior a 7,5 y unha mínima de inglés de 7.
O aloxamiento das estudantes en Estados Unidos realizarase en familias americanas de acollida co obxecto de que o proceso de integración e aprendizaxe da lingua inglesa sexa o máis completo posible.
A dotación de cada beca supón o 100 % do curso académico, así como o apoio continuado durante a estancia, a organización das viaxes, aloxamento e manutención durante o curso, así como o correspondiente seguro médico e de accidente.