Skip to Content

BREAKOUT EDUCATIVO "PASEN Á BIBLIOTECA"

Despois dun primeiro contacto coa Biblioteca do noso centro da man dxs Bibliotecarixs, todo o alumnado de 1º de ESO nas súas correspondentes clases puideron participar nun Breakout Educativo que obrigou ao traballo en equipo fomentando a aprendizaxe a través do xogo e acercando a Biblioteca Escolar a todxs xs nosxs estudantes, máis se cabe.
 
Un breve resumo do que aconteceu:
 
Aquí podedes facer a parte do xogo interactivo. Que sabes sobre a biblio? Seredes quen de abrir a caixa?

Semana solidaria en favor de SOS Baixo Miño

Entre o luns 25 e o venres 29 de novembro, durante toda a semana, faremos no IES unha campaña de recollida masiva de LEITE E CACAO. Queremos colaborar así coa asociación SOS BAIXO MIÑO, que axuda a centos de familias na nosa comarca. E facémolo co reto de lograr triplicar o aportado o ano pasado, co obxectivo de donar 330 litros de leite e 60 botes de cacao en pó... Os desertos fanse con graos de area. Axúdanos co teu!

#troleandoaomachismo

Aquí vai unha mostra do que nos vai chegando...

Veña que aínda tendes uns días para participar no concurso:

Para alumnado!!!  Para todxs os que traballamos no IES!!! Para familias!!!

CONCURSO 25nov : #TROLEANDOAOMACHISMO

PARA AS TITORÍAS

PARA TODAS AS CLASES

PARA TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA 

PREMIOS DO CONCURSO DE RELATOS SAMAÍN 2019!

Durante dúas semanas o primeiro recreo e a Biblioteca foron un tempo e un espazo máxicos, reservados ás contadas de Samaín. Medio cento de alumnos e alumnas pasaron pola Biblio a contar os seus relatos, e ata houbo lugar á improvisación e a contos que non estaban preparados de antemán.



De xeito individual ou en grupo, alumnado de 1º e 2º ESO tivo o seu momento para divertir ao fantástico público que un día detrás doutro encheu a bilbioteca.

Difícil foi a escolla dos relatos gañadores pero como a alguén lle ten que tocar, o xurado se decantou por:


1º ESO INDIVIDUAL: Álex Troncoso
1º ESO GRUPO: Lucía Díaz, Andrea Ribeiro e Noa de la Calle
Finalista: Lucía González Gayoso

2º ESO INDIVIDUAL: Nadia Puime
2º ESO GRUPO: Alba Estévez e Andrea Piñeiro
2º ESO Finalista: Mary Pregal e Olalla Rodríguez Acuña

PREMIO HORRORÍFICO á persoa máis entregada, constante e divertida que nos fixo pasalo de medo: David Carrera, de 2º ESO.

 

E como sempre, agradecendo o bo ambiente e o valor do alumnado que pasou polo noso terrorífico escenario, obsequiamos tamén a todxs xs participantes cun vale para un bocata na nosa cafetería.

Na Biblio están felices coa actividade desenvolvida e xa teñen posta toda a ilusión na seguinte… en breve a faremos pública!

SAÍDAS DIDÁCTICAS A ESGALLA!

A choiva non nos detivo e levamos dúas semanas de saídas didácticas a esgalla! Contámosvos e aprendedes con nós?

O noso alumnado do Stembach, en pleno proxecto de investigación coa Universidade de Vigo, viaxou o martes 29 de outubro á ría de Noia. Alí, nun dos bancos marisqueiros máis importantes do mundo, o do Testal, comezaron a investigar a interacción entre as pradeiras de Zoostera (unha planta mariña) e os bivalvos. 

Ao día seguinte, mércores 30 de outubro, a rolda seguiu co alumnado de 2º de Bacharelato. O obxectivo? Ter unha clase de historia, cine e literatura fóra da aula, no marco que nos ofrecía a cidade de Pontevedra. Comezamos coa maxia do cine, viaxando da man de Amenábar e a súa "Mientras dure la guerra" á Salamanca de 1936, para asistir atónitos, como Unamuno, á tolemia da Guerra Civil; logo, metémonos de cabeza na exposición de arqueoloxía "Galaicos" e tamén nesa xoia do noso patrimonio que é a Sala Castelao, ambas no Museo de Pontevedra; e rematamos deixándonos guiar polas rúas do casco histórico, na procura de toda esa historia que só aparece cando aguzamos e levamos a vista máis aló das vidreiras dos comercios.

O luns 4 de novembro, o noso alumnado de Latín e Cultura Clásica, tivo a sorte de meterse de cheo no Museo Diocesano de Tui, para camiñar entre obxectos arqueolóxicos, rozar cos dedos das mans códices e pergameos medievais, algún con sinatura de raiña, e descubrir esas pezas únicas en España que son os sambenitos, esa peculiar castigo que a Inquisición impoñía, e do que nos quedan os de dúas famiias de Tui en pleno século XVII.

E a semana rematou co xa noso "V Outono Literario", un roteiro de dous días que, rumbo Norte, foi eludindo a choiva para coñecer a casa de Valle Inclán na Pobra do Caramiñal, o espectacular mirador da Curota, ou a Fundación Cela e o Museo do Ferrocarril en Padrón; e para rematar descubrindo todo o patrimonio que atesoura a cidade de Ferrol: desde o porto, estaleiros e Museo de Construción Naval ata o Casino no que Torrente Ballester exerceu como bibliotecario, a casa de nacemento de Concepción Arenal, a do escritor Carvalho Calero, o Museo de Historia Natural ou as máis de trescentas versións das Meninas en estilo arte urbán que encheron de cor e vida un barrio, o do Canido, que semellaba xa condeado ao esquecemento.

E isto non remata aquí! Xa estamos pensando nas seguintes!

Lembrade que NO NOSO INSTAGRAM podedes seguir estas e outras actividades case case en tempo real!

ENTREGA DE PREMIOS RELATOS DE SAMAÍN ´19

SERÁS TI O QUE LEVES O PREMIO???

VEN Á BIBLIOTECA NO 1º RECREO DO MARTES E SABERÁS QUE RELATOS SON OS GAÑADORES.

ESPERÁMOSVOS!!!!!

Entrevista na Radio Municipal de Tui: Proxecto Erasmus+ CHIPRE E FRANCIA

Dúas novas mobilidades (Chipre e Francia) presentadas na Radio Muncipal de Tui. Preme para coñecer máis a noticia:

Comeza o Concurso de contos de medo de Samaín


 

 

O NOSO IES EN LYON (FRANCIA), CON LOLI E O PROGRAMA ERASMUS+

Seguimos levando o nome do IES polo mundo! Se a semana pasada era Juan Pablo en Chipre, esta semana é Loli, a nosa profesora de Lingua Francesa, quen viaxou ata a cidade de Lyon. Alí pasará unha semana de formación en compaña de profesorado procedente de diferentes países, nun curso específico de Francés para docentes.

O San Paio participa no programa Erasmus+ da Unión Europeaa través dun equpo de traballo de varios profes; e faino cun proxecto propio ao que chamamos "Tendendo pontes".

Con el, preténdese axudar a mellorar as necesidades do noso centro: crear un proxecto europeo nacido de varios departamentos, potenciar a Eurocidade no ámbito educativo, implementar experiencias innovadoras, ou fomentar unha maior participación activa da comunidade educativa.

Se queredes coñecer de preto o proxecto e parte de todo o traballo que está facendo este equipo de profes polo noso IES, podedes velo directamente no seu blog "Tendendo pontes", clicando AQUÍ.

Bon voyage, Loli!

Distribuir contido


by Dr. Radut