Skip to Content

CONVOCADOS PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO E DE ESO

 

Se finalizaches o Bacharelato este curso e tes 8,75 ou máis de media, isto interésache.

Preme aquí para optar aos Premios Extraordinarios de Bacharelato.

 

Ou se finalizaches a ESO este curso e tes 9 ou máis de media, isto tamén che interesa.

Preme aquí para optar aos Premios Extraordinarios da ESO.

 

O código do noso centro é 36009901.

Aproveita esta oportunidade gañada a pulso e moita sorte!

 

RESULTADOS DAS PROBAS ABAU XULLO 2020

PARABÉNS

A TODOS/AS OS/AS ALUMNOS/AS DO IES SAN PAIO QUE CO SEU ESFORZO CONSEGUIRON SUPERAR ESTA PROBA

 

85,1% DE APROBADOS/AS

 

 80 ALUMNOS/AS APROBADOS/AS DE 94 PRESENTADOS NA PROBAS ORDINARIAS DE XULLO

Dous alumnos/as superaron o nove na nota final da selectividade e recibirán un diploma da Universidade de Santiago de Compostela polo seu aproveitamento Sobresaínte:

 

CARMEN MARÍA LAGO DOMÍNGUEZ

PABLO VÁZQUEZ CABALEIRO

 

Ademais vinte alumnos/as tiveron unha nota final entre un oito e un nove:

 

LUIS ÁLVAREZ PARADA

UXÍA BARROS BOENTE

UXÍA CARRETO MARTÍNEZ

CINTHIA COSTAS GONZÁLEZ

PABLO ESTÉVEZ ALONSO

CARLOS FERNÁNDEZ GONZÁLEZ

SARA GONZÁLEZ GONZÁLEZ

ALBA GRANDÍO ÁLVAREZ

NATALIA GROBA GONZÁLEZ

MARTÍN MARTÍNEZ PEREIRA

NEREA MONTEAGUDO RODRÍGUEZ

DIEGO MONTES PERNAS

PABLO MORAIS LÓPEZ

LOIS PÉREZ GONZÁLEZ

PATRICIA PÉREZ LAMAS

JAVIER RIPPLINGER SERRANO

AINHOA RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ

CARMEN SÁNCHEZ RIVAS

CARLA SANTOS MARTÍNEZ

LAURA VICENTE PÉREZ

UN CURSO CHEO DE ACCIÓN E ACTIVIDADES... (ata que nos deixaron)

Impresiona ver xuntas e seguidas todas as actividades que, entre todos, fomos quen de sacar adiante neste curso... ou nesta metade de curso, porque desde o 13 de marzo, día a partir do cal nos confinaron, ducias de actividades complementarias e extraescolares pasaron a quedar tamén en corentena. Actuacións teatrais, carreiras solidarias, obradoiros, competicións de robótica, visitas a centros con ciclos e saídas de varios días como a clásico-literaria ou a xa mítica saída a Lisboa, son actividades que tiñamos coidadosamente planificadas e finalmente quedaron aí, confinadas como cada un de nós.

Moitísimas GRAZAS a todos os departamentos e biblioteca (por pensalas e organizalas), ao profesorado (pola implicación e responsabilidade de levalas adiante) e ao alumnado e familias por unirvos e axudarnos a facelas posibles. E moitas grazas tamén, Amalia, por este fermoso vídeo. Bo verán e ata pronto!

CLIC, AQUÍ

 

 

 

ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA ORDINARIA

Entre hoxe día 1 e o vindeiro 10 de xullo, está aberto o prazo de matrícula para o curso 2020-2021 para todo o alumnado do IES que xa promociona ou para aquel que xa foi admitido como novo alumnado.

A matrícula formalizarase na Secretaría do centro, nas datas indicadas, en horario de 9 a 14 horas. Tede en conta que para axilizar o trámite e abreviar os tempos de espera, é necesario que traiades toda a documentación xa preparada para a entrega:

  • Para ALUMNADO do IES que xa promociona ou pasa ao seguinte curso:
    • Impreso de matrícula cuberto.
    • Resgardo de ter pagado o seguro escolar (só a partir de 3ESO).
    • 2 fotos actuais tamaño carné.
    • Impreso de solicitude de transporte escolar (se fose o caso).
  • Para alumnado de NOVA ADMISIÓN ou que vén doutros centros:
    • Certificado escolar.
    • 2 fotos actuais tamaño carné.
    • Fotocopia da tarxeta sanitaria (só ata 2ESO)

ENTREGA DE NOTAS SETEMBRO: DÍA, HORARIO, LUGAR E INSTRUCIÓNS VARIAS

O vindeiro LUNS 7 DE SETEMBRO convocamos ao alumnado de todos os cursos (salvo 2BAC) para levar a cabo as tarefas que se detallan a continuación:

1. ENTREGA DOS BOLETÍNS DE NOTAS, nas seguintes horas e lugares (pregamos puntualidade):

 

 

 

2. DEVOLUCIÓN AO CENTRO DOS LIBROS EMPRESTADOS POLO FONDO LIBROS para este curso 2019-20.

  • O alumnado que tivo libros de texto de Fondo Libros da Xunta (non os da ANPA!) terá que traelos ese mesmo día (borrados e limpos). O titor/a, tras a entrega de notas, comprobará a devolución e despois acompañará ao alumnado para a súa entrega a membros do equipo directivo en Biblioteca II, recibindo un impreso de confirmación da devolución para levar a casa.
  • Non confundir cos libros prestados pola ANPA, que devolveranse no día e forma que esta indique.

 

3. OUTROS.

  • O alumnado con libros emprestados pola Biblioteca do IES, deberá pasar a devolvelos ese día.
  • Os ordenadores de Edixgal (1ºESO) non se devolverán ao centro ata o remate do vindeiro curso 2020-21.
  • É imprescindible:
    • ENTRAR NO CENTRO COA MÁSCARA POSTA.
    • USAR OS DISPENSADORES DE HIDROXEL dispostos na entrada do centro e aulas.
    • Manter en todo momento as DISTANCIAS DE SEGURIDADE.

 

 Moitas grazas.

SOLICITUDE DE AXUDAS DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E VALES DE LIBROS E MATERIAL

Tal e como se establece na convocatoria publicada no DOG de hoxe, as familias con fillos matriculados no IES na etapa da ESO, poden solicitar participar no Fondo Solidario de Libros de Texto, ou ben as axudas para a adquisición de libros de texto e de vales para material escolar.

O prazo de presentación de solicitudes, preferentemente telemáticas, será do 20 de maio ata o 19 de xuño.

Premendo nestes subliñados poden acceder a máis información na web da Consellería ou acceder directamente a aplicación de Fondo Libros.

CONVOCATORIA ABAU 2021

Aquí podedes consultar a Convocatoria Ordinaria das ABAU 2021.

Máis información no departamento de orientación e na páxina da CIUG 

 

 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS: Traballo do alumnado de 1ºESO

Queredes coñecer algunhas lendas galegas?

Aquí tendes algunhas contadas (ou inventadas) polo noso alumnado de 1º da ESO. Que xentiña tan marabillosa!

Esperemos que gocedes con estas achegas desde o confinamento.

Parabéns neste día tan especial para nós!!!

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020

Distribuir contido


by Dr. Radut