Skip to Content

ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA ORDINARIA

Entre hoxe día 1 e o vindeiro 10 de xullo, está aberto o prazo de matrícula para o curso 2020-2021 para todo o alumnado do IES que xa promociona ou para aquel que xa foi admitido como novo alumnado.

A matrícula formalizarase na Secretaría do centro, nas datas indicadas, en horario de 9 a 14 horas. Tede en conta que para axilizar o trámite e abreviar os tempos de espera, é necesario que traiades toda a documentación xa preparada para a entrega:

  • Para ALUMNADO do IES que xa promociona ou pasa ao seguinte curso:
    • Impreso de matrícula cuberto.
    • Resgardo de ter pagado o seguro escolar (só a partir de 3ESO).
    • 2 fotos actuais tamaño carné.
    • Impreso de solicitude de transporte escolar (se fose o caso).
  • Para alumnado de NOVA ADMISIÓN ou que vén doutros centros:
    • Certificado escolar.
    • 2 fotos actuais tamaño carné.
    • Fotocopia da tarxeta sanitaria (só ata 2ESO)


page | by Dr. Radut