Maio 2011
Acróstico Somentes intentaba conseguir deixar na terra algo de min que me sobrevivise sabendo que debería ter sabido impedirme a min mesmo descubrir que só fun un interludio atroz entre dous muros de silencio só puiden evitar vivindo á sombra inocularlle para sempre a quen amaba dosis letais de amor que envelenaba a súa alma cunha dor eterna sustituíndo o desexo polo exilio iniciei a viaxe sen retorno deixándome levar sen resistencia ó fondo dunha interna aniquilación chea de nostalxia. (Lois Pereiro, 1958-1996) |