Maio 2016
XA SABEDES Xa sabedes, hei seguir cantando o que me peta, botando fóra o que me morde o peito. Xa sabedes, chamareille as cousas polo nome: ao pan pan e ao viño viño Caín a quen nos mata nos camiños ladrón a quen nos rouba o pan e hastra o alento fillo sen nai a quen non sufre o dor dos que sofriron medos e cadeas, papanatas, lambóns e burricallos os lamecús sen tasa pra ir tirando, malandríns, teixugos, lobos, hienas, cobra retorta, morcego chupasangues, verme sen ollos e alacrán maldito a quen aldraxa e asoballa os pobos. Son home e non calo. Hei seguir cantando o que me peta pois se non canto e berro hastra arrebento. E non quero. Xa sabedes. Lueiro Rey, Manuel (1916-1990), Derradeira escolma ferida. |
|