Andrea é un adolescente autista: vive nun mundo afastado e paralelo; as palabras escápanselle e loita constantemente por atrapalas. Durante anos, Franco, o seu pai, lévao a todo tipo de terapias: tradicionais, espirituais, experimentais… Mediante o computador, o mozo é capaz de comunicarse cos seus pais, e a través das súas palabras coñecemos os sentimentos e soños que leva dentro: Son un home prisioneiro dos meus desexos de liberdade. Andrea quere curarse. Un día de 2010, e en contra de todas as opinións expertas, pai e fillo inician nunha viaxe incríbel: percorrerán en moto 38.000 km do continente americano, desde Miami ata Porto Seguro (Brasil) durante máis de catro meses. A novela (partindo dunha tradición literaria que, desde Conrad a Keruac, utiliza a imaxe da viaxe para mostrar a evolución interior do personaxe), é o relato desta viaxe, que transformou as vidas de pai e fillo; contaxia optimismo, humanidade e empatía; tal e como llo contaron Andrea e o seu pai, durante un ano ao autor, Fulvio Ervas. Unha aventura grandiosa, impredicible, como Andrea.
(...) Hace quince años, estaba tranquilamente en el tren de la vida, cómodo, con mis seres queridos, con las cosas que conocía. Y, de repente, Andrea me sacudió, le dio la vuelta a los bolsillos, cambió las cerraduras de las puertas. Todo se volvió confuso. No hicieron falta muchas palabras: -Probablemente su hijo sea autista. La primera reacción fue de incredulidad: no puede ser, debe tratarse de un diagnóstico erróneo. Así que empecé a reunir pequeños indicios, elementos que antes consideraba insignificantes; estaba equivocado. Después se desató un huracán, dos huracanes, siete tornados. Desde entonces estoy en medio del vendaval. En cuanto me dieron el diagnóstico, salí, entré en un bar y pedí un vaso de agua mineral. -¿Quiere algo más? -La camarera debió de fijarse en mi inmovilidad. -¿Usted sabe algo del autismo? (…) Era una noche de finales de mayo, no podía dormir. Me acordaba del grito de Andrea de unos días antes, después de protagonizar uno de sus muchos jaleos. Vagaba por la casa, estaba terriblemente inquieto. Le pregunté qué le pasaba, insistí, y él me agarró por los hombros de forma extraña. Se me quedó mirando a los ojos como nunca había hecho antes. Abrió la boca de par en par dejando escapar un grito que parecía haber atravesado una extensión infinita de días. Me pareció que decía, diría que lo oí: no puedo, no puedo, no puedo… (…) A la mañana siguiente, muy temprano, Andrea ya se había levantado y deambulaba por la casa en pijama. Seguía el perímetro de la mesa, tocaba el sofá, examinaba la ventana del salón. Busqué las zapatillas, sin encontrarlas. Me imaginé que estarían perfectamente alineadas debajo de la silla del despacho. Con los pies descalzos, pisé un trozo de papel, luego otro, hasta que vi un montón de pedazos diminutos sobre la mesa, (…) La idea de hacer un gran viaje empezó a germinar en mi interior, en silencio. Como un virus. Sin manifestaciones evidentes. No sentía la necesidad de elaborar un plan detallado. Para Andrea, las horas de cada uno de los días siempre son un imprevisto. Para mí también será así, y que salga como tenga que salir. Una mañana salí a recibir a Andrea cuando volvía del colegio, con su paso ligero. Lo vi llegar y le pregunté si le gustaría hacer unas vacaciones especiales. Él se distrajo con la ropa que había tendida en el patio de una casa. Salió corriendo y empezó a agrupar las sábanas, a cambiar las pinzas de sitio, a enderezar los calcetines. -¿Nos vamos lejos? -le pregunté. Me miró de reojo y sonrió. -Andrea, ¿nos vamos a América? -América bonita. Allí, delante de aquella ropa ordenada como sólo Andrea sabe hacer, me dije: Andrea y yo cruzaremos todas las Américas posibles e imaginables, dos o tres, las que encontremos. Nos iremos por ahí todo el verano, como exploradores.(...)
No pasado xaneiro comezamos un ciclo de charlas, impartidas por persoal da Universidade de Vigo, pensadas para que o noso alumnado de 2º BAC coñecera distintas carreiras, plans de estudo e saídas profesionais. Estos relatorios principiaron o mércores 20 de xaneiro, continuaron os días 22 e 27 do pasado mes e remataron xa neste febreiro os días 19 e 24. Algunhas delas foron presenciais respectando o protocolo anticovid mentres outras realizáronse a través de videoconferencia. Confiamos que, con iniciativas como esta, o noso alumnado de último curso reciba a información necesaria para encauzar o seu futuro académcio e/ou profesional.
Tamén, mediante videoconferencia o venres 19 de febreiro, conectamos con Rosendo Bugarín, tudense, alumno do IES San Paio de Tui na promoción do 1979, doutor especialista en medicina de familia e autor do libro de investigación La gripe de 1918 en Tui, publicado no ano 2018 aproveitando a data do seu centenario. A dinámica foi a de intercambiar impresións ao redor do que foran as vivencias de médicos e pacientes así como de toda a cidadanía tudense sobre a pandemia da gripe entón e encontrar semellanzas e diferenzas respecto da situación de pandemia que vivimos actualmente. Os medios son diferentes, os virus tamén, pero as persoas coas súas inquedanzas e medos seguen sendo as mesmas. O noso alumnado de 1º Bacharelato preparou previamente este encontro traballando co libro obxecto de presentación nesta charla para o que contamos coa colaboración da Biblioteca Municipal que facilitou o préstamo de 14 exemplares.
Finalmente, o luns 22 de febreiro contactamos, tamén a través de videoconferencia, con Belen Sousa Domínguez, unha tudense que actualmente traballa en Munich para a empresa de animación 3D Trixtar. Os encargos veñen nada menos que da man de Marvel. Con pouco máis de 30 anos xa traballou nos departamentos de animación de diferentes películas de superheroes como Capitán América: Civil War, Black Panther, Spider-Man: Homecoming ou Capitana Marvel. Precisamente nesta última foi a encargada de animar ao gato que vive coa protagonista. O alumnado de 1º ESO amosou un grande coñecemento tanto da saga Marvel como dos misterios da animación e programación de modo que a charla coa nosa interlocutora resultou dinámica, intensa, animada e moi proveitosa.
DRUMMOND DE ANDRADE, Carlos, Amar se aprende amando. Poesia de convívio e de humor, Editora Record, Río de Janeiro, 1986 (6ª ed.) 178 pp.
Amar se aprende amando de Carlos Drummond de Andrade (Brasil, 1902-1987) permite facer un percorrido polas distintas formas do sentimento amoroso na súa poesía. Con estes poemas transitamos desde o amor sublime ao alcanzado por unha convivencia ideal, desde a fusión dos amantes en perfecta unidade á celebración da amizade. Unha creación lírica froito do esforzo do poeta para conciliar sentimento e experiencia. Se o amor pode ser aprendido amando na práctica, como se di no título do libro, a concreción do cotián empapa o sentimento romántico. Ao anhelo do amor ideal súmanse as referencias á circunstancia histórica do país, que vivía so unha ditadura militar, como recolle o poeta nestes versos "O feixón é de todos, en principio,/ tal como a liberdade, o amor, o ar./ Mais hai que conquistalo para os teus irmáns".
GONZAGA, Manuela, Meu único, grande amor: casei-me!, Bertrand Editora, Lisboa, 2010, 211 pp.
Nesta obra da escritora e historiadora lusa Manuela Gonzaga (Porto, 1951) aparecen tres personaxes destacados: Joâo Pires, un médico-psicólogo agoniado coa creación literaria, preséntalle a súa primeira novela ao editor Flavio Sousa. A fermosa e solitaria tradutora Vera de Pôncio Pilatos e Costa Cabral é a encargada de corrixir e pulir a novela. A correctora odia o libro e o autor do libro aborrece á correctora. Desde esta mutua xenreira cara a unha tórrida relación non hai moita distancia: aí está o comezo de Meu único, grande amor: casei-me!: unha crónica de costumes baixo aparencia de folletín que tamén pon ao descuberto os ouropeis do noso mundo consumista e vaidoso.
Novela con dúas protagonistas femininas: Sabela, propietaria dunha galería de arte que goza facendo de modelo de Lara, unha artista que expón na súa galería. Sabela é lesbiana e está namorada de Lara. O eixe que vertebra a novela é a evolución do proceso de achegamento amoroso por parte de Sabela cara a Lara. Lara, viúva recente, que non é lesbiana, recibe todo tipo de apoio de Sabela. As dúas amigas len xuntas unha carta póstuma de Valentín, o home de Lara e pai de Ariel, froito dunha relación extraconxugal e ao que terán que coidar. Outros personaxes son as integrantes da seita das “Alumadas” ou o avogado que axuda ás nosas protagonistas para acoller ao bebé Ariel. O autor con esta obra, que non descoida o humor, é un dos poucos escritores varóns en abordar o tema do lesbianismo, outro caso similar sería o de Carlos Meixide que na súa novela Camiño de paixóns presenta como protagonistas a Olalla e Hiromi, unha parella de lesbianas que fan o Camiño de Santiago xuntas.
Dúas recomendacións lectoras para celebrarmos lendo o Día dos Namorados máis aló dos moldes do amor heterosexual e romántico.
VIDAL PORTABALES, Ignacio, Lara e Sabela,(XXVI Premio de novela curta Manuel Lueiro Rey), Xerais, Vigo, 2020, 175 pp.
MEIXIDE, Carlos, Camiño de paixóns, (Premio de novela Camiño de Santiago, 2018), Galaxia, Vigo, 2019, 138 pp.