Hoxe celebramos o Magosto e o Samaín no RdT!
Tomamos no recreo unhas riquísimas castañas asadas. O alumnado tomou un cucurucho delas e todo isto grazas á organización da ANPA.
A continuación un xurado composto por dous membros da ANPA e dous do profesorado, deliberaron para decidir as aulas gañadoras do concurso de decoración de portas. A decisión foi moi difícil de tomar por mor da gran participación do alumnado.
PARABÉNS ás gañadoras, que foron:
A PORTA MÁIS TERRORÍFICA: 2ºC
A PORTA MÁIS DIVERTIDA: 4ºA
A PORTA MÁIS ORIXINAL: 2ºB
Deixámosvos as fotos de todas as portas do RDT, para que comprobedes o gran nivel!
Grazas pola vosa participación!
Pasade boa ponte dos Santos!