Skip to Content

AAEECC

Contén a información sobre as AAEECC do noso centro.

EXCURSION EASD PABLO PICASSO + MUSEO BELAS ARTES + EXPO PETER LINDBERGH

O pasado dia 25 de febreiro o alumnado de educación plástica de 4º de ESO e de debuxo técnico e debuxo artístico de 1º BACH realizaron esta saída da que desfrutaron moito.

Deixámosvos o acceso ás fotos da actividade aquí

 

O ALUMNADO DE 3º E 4º ESO E 1º BACH ASISTE Á ESTREA DE "ALMA DE TIGRE"

Os dias 25, 28 e 29 de marzo o noso alumnado asistirá no edificio de Servizos Múltiples de Culleredo á estrea da obra "Alma de Tigre" da compañia Elefante Elegante. Esta actividade está costeada polo Concello de Culleredo.

Poden consultar a ficha técnica da obra aqui

DEBUT CON VICTORIA DO IES REGO DE TRABE NA COPA COLEXIAL!!!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Hoxe debutaron os nosos equipos de baloncesto na Copa Colexial contra o Obradoiro.

O equipo masculino gañou 44-55 o e feminino 14-55.

PARABÉNS!!!

SOLIDARIEDADE CON UCRAÍNA

 

 

 

 

O IES Rego de Trabe está a colaborar coa ONG AGA UCRAÍNA (Asociación Galega de Axuda a Ucraína) para converterse en punto de recollida de bens con destino a ese país.

Precisamos:

  • Comida enlatada que non precise ser procesada (conservas de peixe, albóndigas, fabada, sopas, etc.)
  • Material hixiénico, especialmente cueiros.
  • Produtos de aseo persoal.
  • Roupa nova.

Poderán depositar as súas doazóns no recibidor do edificio principal de luns a venres en horario de 9.00 a 11.00 e de 12.30 a 13.30 h,  e os luns de 16.30 a 17.50 h.

Nas sesións de titoría o noso alumnado, cos seus titores e titoras, organizarán os produtos recibidos e posteriormente trasladarémolos á nave que a ONG ten á súa disposición en POCOMACO, para o agradeceriamos a colaboración de alguén que dispoña dunha furgoneta (contactar co instituto: 881960801).

Temos un dobre obxectivo: por unha banda facer unha contibución en nome de toda a comunidade educativa, e por outra banda involucrar ao noso alumnado de forma activa.

Asimesmo, para quen prefira facer aportacións en metálico, os números de conta de AGA UCRAÍNA destinados a recaudar fondos son:

ES73 2080 0000 7230 4027 0691 (ABANCA)

ES49 0049 7709 1122 1000 5663 (Banco Santander)

 

Moi agradecido,

O persoal docente e non docente do IES Rego de Trabe.

 

 

 

KILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE POLO DEREITO A SER NENA

A ONG Save the Children celebra o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER (8 marzo) convocando a CARREIRA KILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE POLO DEREITO A SER NENA.

No centro sumámonos a esta iniciativa co alumnado de 1ºESO, que coñecerá a dura realidade das nenas da rexión do Corno de África e participará na carreira e co seu esforzo e cos kilómetros percorridos, recadará fondos dos seus patrocinadores. Estes cartos serán enviados á ONG Save the Children, para colaborar nos seus proxectos.
 
 
 
Moitas grazas pola súa colaboración!!!

IV torneo de debate académico de Galicia

Catro alumnas e un alumno de 2° de ESO do instituto participan no IV torneo de debate académico de Galicia, que ten lugar na Fundación Barrié, na Coruña. Están cursando a área de libre  configuración Oratoria, e foron preparados pola súa profesora coa colaboración doutros docentes do Rego de Trabe.

O tema do debate desta convocatoria é "Deberíamos prohibir las redes sociales a los menores?" Desenvolverase en castelán, e antes do comezo do debate sortearase se deben estar a favor ou en contra, para defender e argumentar a postura que lles toque.

Rematada as primeiras quendas, os resultados acadados foron os seguintes:

 

equipo 1 puntuación puntuación equipo 2
CPR Sagrada Familia 101 99 IES Rego de Trabe
CPR Maristas Cristo Rey 140 143 IES Rego de Trabe
CPR Sek Atlántico 2 139 163 IES Rego de Trabe

 

Merecidos parabéns!!

 

 

 

 

1º E 2º ESO VISITAN AVENTURA

Os días 17, 20 e 21 de decembro, o alumnado de 1º e 2º ESO visitou un centro multiocio en Oleiros: AVENTURA Mundocio. 

Durante dúas horas participaron nunha xincana de probas. Pasáronno moi ben!

Deixámosvos unhas fotos e vídeos de 1ºESO aquí e de 2ºESO aquí.

FELIZ ANO NOVO 2022!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut