Skip to Content

Samaín e Magosto 2021

Hoxe celebramos o Magosto e o Samaín no RdT! 
 
Tomamos no recreo unhas riquísimas castañas asadas. O alumnado tomou un cucurucho delas e todo isto grazas á organización da ANPA.
 
A continuación un xurado composto por dous membros da ANPA e dous do profesorado, deliberaron para decidir as aulas gañadoras do concurso de decoración de portas. A decisión foi moi difícil de tomar por mor  da gran participación do alumnado.
 
PARABÉNS ás gañadoras, que foron:
 
A PORTA MÁIS TERRORÍFICA: 2ºC
 
 
A PORTA MÁIS DIVERTIDA: 4ºA
 
 
A PORTA MÁIS ORIXINAL: 2ºB
 
 
 Deixámosvos as fotos de todas as portas do RDT, para que comprobedes o gran nivel! 
 
 
Grazas pola vosa participación!
 
Pasade boa ponte dos Santos!


book | by Dr. Radut