Skip to Content

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS

Pode acceder á informaicón aquí.

2º CUADRIMESTRE DA ESA

A matrícula para o alumnado que xa está cursando o 1º cuadrimestre no centro deberá formalizarse entre o 7 e o 9 de febreiro.

As clases comezarán o 10 de febreiro.

 

IV torneo de debate académico de Galicia

Catro alumnas e un alumno de 2° de ESO do instituto participan no IV torneo de debate académico de Galicia, que ten lugar na Fundación Barrié, na Coruña. Están cursando a área de libre  configuración Oratoria, e foron preparados pola súa profesora coa colaboración doutros docentes do Rego de Trabe.

O tema do debate desta convocatoria é "Deberíamos prohibir las redes sociales a los menores?" Desenvolverase en castelán, e antes do comezo do debate sortearase se deben estar a favor ou en contra, para defender e argumentar a postura que lles toque.

Rematada as primeiras quendas, os resultados acadados foron os seguintes:

 

equipo 1 puntuación puntuación equipo 2
CPR Sagrada Familia 101 99 IES Rego de Trabe
CPR Maristas Cristo Rey 140 143 IES Rego de Trabe
CPR Sek Atlántico 2 139 163 IES Rego de Trabe

 

Merecidos parabéns!!

 

 

 

 

TITULOS DE GRADUADO EN EDUCACION SECUNDARIA OBLIGATORIA

Os alumnado da promoción correspondente ao ano académico 2018-2019 poden pasar a recoller o título de graduado en Educación Secundaria Obrigatoria pola admministración do centro.

PROTOCOLO COVID

Pode acceder ao resumo do protocolo recentemente revisado polo Ministerio de Sanidade, no tocante a centros de ensino secundario.

Segundo as últimas indicacións recibidas:

  • Os contactos estreitos non se illarán, agás:
    • persoas que non teñan a pauta de vacinación completa (unha dúas inoculacións, segundo o caso)
    • persoas especialmente vulnerables, como inmunodeprimidos
  • Ante síntomas compatibles coa covid-19:
    • illamento, realización de test de antíxenos e notificación a sanidade:
      • teléfono: 881540045
      • web: https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Autodeclaracion-caso-sospeitoso-COVID
  • O illamento será de:
    • 7 días dende o comezo dos síntomas, se os últimos tres días xa non tivera síntomas.
    • 10 días se continúan síntomas que permitan unha vida normal, pois transcorrido ese tempo a capacidade de contaxio é mínima.
    • Os primeiros días tras o fin do illamento extremaranse as medidas de separación e uso de máscara.
  • Para a reincorporación á aula rógase que envíen un correo electrónico ao centro indicando o día en que volverá a clase: ies.regodetrabe@edu.xunta.gal, indicando no asunto nome, apelidos, curso, grupo e fin do illamento. Non será necesario informe de alta nin segunda proba diagnóstica.

Atentamente,

O equipo directivo.

 

1º E 2º ESO VISITAN AVENTURA

Os días 17, 20 e 21 de decembro, o alumnado de 1º e 2º ESO visitou un centro multiocio en Oleiros: AVENTURA Mundocio. 

Durante dúas horas participaron nunha xincana de probas. Pasáronno moi ben!

Deixámosvos unhas fotos e vídeos de 1ºESO aquí e de 2ºESO aquí.

FELIZ ANO NOVO 2022!!!

BO NADAL

Aproveitamos a árbore elaborada polo equipo de biblioteca e o de dinamización da lingua galega para desexarvos unhas felices festas e un bo novo ano.

Caixas que agochan palabras que teñen o poder de darnos unha tregua e trasladarnos a un mundo sen límites. Aproveitémolas!

Os mellores desexos da comunidade educativa do IES Rego de Trabe

 

 

LECTURAS DO MES DE NADAL

http://bibliotrabe.blogspot.com/2021/12/felices-lecturas.html?m=1

Chegou o día!

Neste enlace podes por fin ver todas as propostas do noso Calendario de Advento lector.

O equipo da BIBLIOTRABE deséxavos felices lecturas nestas festas!

CUALIFICACIÓNS DA 1ª AVALIACIÓN DA ESO E DE 1º DE BACHARELATO

Serán publicadas por Abalar o luns 20 de decembro ás 14.00 h

Distribuir contido


by Dr. Radut