Skip to Content

AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDAD ESPECIFICA DE APOIO EDUCATIVO 2022-2023

Publicada a convocatoria de axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso 2022-2023. O prazo e do 19 de maio ao 30 de septembro.

ENLACE

FONDO DE LIBROS 2022-23

O  alumnado que no 2022-23 vaia cursar 1º e 2º de ESO só poden solicitar o cheque de material, por ser cursos E-Dixgal. 3º ou 4º de ESO pode solocitar tamén os libros.

Dispoñemos de libros de 2º de ESO que distribuiremos entre o alumnado que teña dereito a cheque de material, en canto teñamos existencias.

 

Prazo de solicitude: do 19 de maio ao 22 de xuño.

 

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñible na aplicación fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.galç

 

Acceso á Orde

CONVOCATORIA ORDINARIA 2º DE BAHARELATO

 

Haberá clases para preparación das ABAU a partir do 23 de maio. A concretar co profesorado implicado.

Os exames da convocatoria extraordinaria serán entre o 20 e o 22 de xuño. As notas publicaranse o 23 de xuño e o período de reclamacións será o 27 e o 28 de xuño.

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

Na primeira semana de maio temos o gusto de recibir ao alumnado de 6º de Educación Primaria dos coles adscritos ao noso  centro, acompañado de profesorado, que en pouco tempo, formarán parte da comunidade educativa do IES Rego de Trabe!

  • O luns día 9 virán do CEIP Sofía Casanova.
  • O xoves día 12 virán do CEIP Isaac Díaz Pardo.
  • O venres día 20 virán do CEIP Vila de Rutis.

A nosa máis calurosa benvida!!

#Desafío72h: 400 adolescentes de Culleredo asumen o reto de vivir tres días en galego

Desafío 72 h

Alumnado da ESO e do Bacharelato dos dous institutos de ensino secundario de Culleredo, o IES Eduardo Blanco Amor e o IES Rego de Trabe, participan simultaneamente no #Desafío72h, o reto de falar en galego durante tres días.

Un total de case 400 alumnas e alumnos decidiron, voluntariamente, participar a través da sinatura dun contrato de compromiso lingüístico, onde tiñan que elixir entre dous niveis: falar galego durante tres días no instituto ou falar galego durante tres días tanto dentro como fóra do instituto. A gran maioría escolleu a opción completa, chamada: Eu ❤ galego +. Nesta acción, impulsada polo Club de Lingua do Rego de Trabe, participan 200 alumnos/as do noso IES. O cumprimento do reto lévase a cabo os días 10, 11 e 12 de maio.

Información completa no arquivo anexo.

DIA DA CIENCIA NA RUA 2022

O pasado sabado 7 de Maio, Os alumn@s do club de ciencias do IES Rego de Trabe participaron no DIA DA CIENCIA NA RUA 2022.

Na carpa numero 34 os Alumnos e alumnas do club de ciencias presentaron experiencias científicas como a obtención do ADN dos amorodos, a reciclaxe e reutilización do poliespan,  a búsquea de fósiles como se foramos auténticos paleontólogos, como saber canto azucre ten un refresco e mais un xogo tipo “escape room” inspirado nas matemáticas.

                         

NOTICIA NA TVG  AQUI

MAIS FOTOS AQUI

DIA DA EDUCACION FISICA

O Día 27 de abril nosos alumnos de 3ª da ESO celebraron o dia da educación física en colabaroación cos profesores e alumnos do CIFP Universidade Laboral dos módulos de "Técnico Superior en animación e actividades físicas e deportivas", "Técnico Deportivo· e " Tecnico Deportivo superior en Fútbol". Ali tiveron ocasion de practicar escalada, fútbol, baloncesto,bádminton, tenis de mesa, Lacrosse, así como realizar un circuito de habilidade en bicicleta.

                                      

Mais imaxes AQUI

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE KICKBOXING E MUAYTHAI 2022

A alumna de 2º ESO D, Alicia Chamorro, é a nova campiona de España da disciplina de kickboxing e muaythai, tras o campionato celebrado este días pasada fin de semana en Baza, Granada.

Parabéns, Alicia!!

 

XIV CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA

A alumna de 1º ESO D, Carla Cabanas del Río, resultou gañadora de dous dos premios do concurso de fotografía organizado por AGAPEMA (Asociación Galega de Profesorado de Matemáticas), resolto o 30 de abril, nas seguintes categorías:

Os nosos parabéns a esta pequena grande artista!

Distribuir contido


by Dr. Radut