Skip to Content

CHARLA DE ISABEL BLANCO

Foi un pracer contar coa presenza no noso centro da actriz Isabel Blanco Picallo para falarlles ao noso alumnado de 3º da ESO. Foi unha charla moi emocionante e enriquecedora. Reiterámoslle unha vez máis o noso agradecemento.

MAIS FOTOS

ABERTO PLAZO MATRÍCULA PARA OS MÓDULOS I E III DA ESA

ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA PARA OS MÓDULOS I E III DA ESA

Documentación a presentar:

    1. Impreso de matrícula (a recoller en Administración do edificio principal)
    2. Dúas fotografías tipo carné
    3. Expediente académico completo
    4. Copia do DNI

Inspección Educativa, en función do número de persoas interesadas en cada un dos módulos, decidirá sobre a  aprobación de impartir  cada un deles.

O equipo directivo.

CARREIRA SOLIDARIA "Polo dereito a ser nena"

O alumnado de 1* ESO participou na carrera solidaria "Polo Dereito a ser nena"  en colaboración coa ONG Save the Children, no parque de Acea de Ama. Recadaron 218'80€ que irán dirixidos ás nenas do Corno de África. 

Moitas grazas a todo o alumnado participantes e ás familias que colaboraron. Sen vós, isto non sería posible!

MÁIS FOTOS AQUI

 

BECAS PARA ACREDITACIÓN DO NIVEL DE LINGUA ESTRANXEIRA: B1, B2 OU C1.

Publicada a Resolución do 10 de xuño de 2022, da Secretaría Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se regula a xestión de probas de nivel lingüístico para o alumnado que curse estudos durante o curso 2022/2023 en  centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación Formación Profesional e Universidade, pola que se ofercen becas para a acreditación da competencia lingüística nunha lingua estranxeira, para alumnado que no 2022-23 curse 4º de ESO ou Bacharelato.

Para solicitar a beca, cubra o seguinte impreso e entrégueo na conserxería do centro ata o 30 de xuño.

formato editable

PDF

O equipo directivo.

O Club de Lingua na gala dos Premios #DígochoEu

Club-de-lingua-DigochoEu_Santiago-14-6-22

O alumnado do Club de Lingua do IES Rego de Trabe viaxou a Santiago de Compostela para participar, como finalista, na Gala dos Premios #DígochoEu, organizada pola TVG na Cidade da Cultura. Esta gala foi emitida en directo pola TVG e pode verse completa a través de Youtube aquí.

O guión para un vídeo do #DígochoEu ideado polo Club de Lingua foi seleccionado como un dos 10 mellores entre máis de 200 presentados e, por iso, foi gravado e difundido pola TVG, e foi recoñecido como finalista nestes premios. Nas diferentes redes (Tiktok, Instagram...) suma xa máis de 100.000 visualizacións.

Aproveitando a participación nesta gala, tamén visitaron o Museo do Pobo Galego, o Panteón de Galegos Ilustres, os tellados da Catedral, a alameda ou o campus universitario, ademais doutros espazos especiais da cidade.

IV Feira da Ciencia de Culleredo

O IES Rego de Trabe, a partir do seu club de Ciencia, participará o sábado 18 na CULLERCIENCIA, feira da ciencia organizada polo CEIP Ría do Burgo.

 

Ao longo da xornada terán lugar diferentes charlas, aparte das actividades que leve cada centro participante. 

 

Grazas ao Ría do Burgo por ternos invitado!

 

 

CUALIFICACIÓNS DA TERCEIRA AVALIACIÓN DA ESO E DA ORDINARIA DE 1º DE BACHARELATO

Publicaranse o venres ás 14.00 h. Ademais o profesorado titor entregará ao alumnado, nunha sesión de clase do venres, ou noutra hora acordada:

  • os boletíns de notas
  • informes individualizados do alumnado da ESO que teña materias suspensas

Atte.,

O equipo directivo.

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE 1º DE BACHARELATO

Desenvolverase os días 20, 21 e  22 de xuño. Calendario pendente de elaboración.

Distribuir contido


by Dr. Radut