Eventos - Filtro:
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
29
| 30
| 31
all day
Parabéns aos mozos e mozas do centro que participaron na Fase Intercomarcal de Deporte Escolar! O equipo cadete feminino a pesar das baixas quedou en terceiro lugar e Valeria Lorenzo Olveira de 2º B (7º posto) clasificouse para o campionato provincial a celebrar o sábado 3 de febreiro en Culleredo ( A coruña).
all day
Na Aula Galaxia, o alumnado de IAAE e de Economía de 4º de ESO recibiu a Manuel Gómez Rodríguez, director oficina do Banco Santander Noia, quen lles explicou como moverse nas operacións bancarias pola rede e como empregar as tarxetas con seguridade. Tamén os informou, entre outros temas, sobre distintas actividades do ámbito económico relacionadas co seu sector. A actividade enmárcase no programa de Eduemprende. Unha mañá ben útil!!!
| 1
| 2
| 3
| 4
all day
Javier Prado, da rede de escolas pertencente ao colectivo Radio Espora, impartiu o martes 30 un obradoiro de radio para o profesorado. A primeira parte, unha introdución xeral, desenvolveuse na na biblioteca; na segunda, tras elaborar uns breves guións de programas de radio, realizamos unha clase práctica. A actividade enmárcase no proxecto Radio na Biblio, promovido dende Bibliotecas Escolares. Os 20 centros seleccionados estamos xa en marcha! En abril, en plena Semana Cultural, un grupo de alumnos unirase á formación. Pero antes iremos xa facendo prácticas con eles. Tentaremos atraelos cara a un recurso que, sen dúbida, lles permitirá acadar moitas das competencias de forma dinámica e motivadora. Seguimos adiante co tema interdisciplinar da COMUNICACIÓN
all day
O alumnado de 4º de ESO interesado en ciclos formativos de FP visitou o venres pasado en Santiago os Centros Integrados de FP Politécnico, Compostela e/ou ao IES Lamas de Abade . Nesta actividade tamén participaron algúns alumnos e alumnas de 3º de ESO que poden presentarse ás probas de acceso a ciclos de FP de Grao Medio. Actividade enmárcase no Plan de Acción Titorial e foi organizada polo Departamento de Orientación.
|