Eventos - Filtro:
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
22
all day
No IES queremos avanzar cara a unha xestión eficiente que mellore o uso dos recursos e conciencie o alumnado de que o planeta é finito e non se pode malgastar. Debemos consumir só o que precisamos e coidar o que temos. O curso pasado centrámonos, coa axuda dos rapaces e Sabela, Paloma e Raúl -profesorado dos departamentos de Bioloxía, Tecnoloxía e Xeografía e Historia-, en calcular o que contaminaba o centro e tomar medidas para reducir o consumo (sobre todo de electricidade) e as emisións. Durante este curso queremos levar a cabo unha serie de proxectos dirixidos ao mesmo obxectivo: conseguir un centro máis sostible ambientalmente. Para iso, empezamos poñendo en marcha un equipo de alumnos e alumnas que se encarga de facer pequenos arranxos: “Os aqueladores”. O que se pretende é que o alumnado lle dea valor ás cousas e entenda que a cultura de usar e tirar é moi prexudicial para o medio ambiente. Ademais, parécenos importante que coñezan o que custan as cousas e o seu coidado, para que promovan entre os seus compañeiros unha conciencia de colaboración para manter o centro en bo estado. No primeiro trimestre repuxéronse moitos percheiros rotos e pintáronse varias aulas de 1º e 2º da ESO. Moitas grazas a Jonás Romero, Juan Manuel Sanlés, Iván Surik Maneiro, Alba Rodríguez, Sara Pouso, Natalia Cameán, Anahí González, Saray Alboreda, Noelia Iglesias, Pablo Torrado e Jorge Alcalde pola súa colaboración. Todos disfrutamos dun lugar de traballo mellor grazas a eles!
| 23
all day
Dentro do PFPP (Plan de Formación Permanente do Profesorado) hoxe organizamos unha formación sobre “EDUCAR PARA UNHA CULTURA DA SUSTENTABILIDADE” co Grupo de investigación SEPA-interea, a USC e Intered Galicia. A formación foi a cargo do doutor Germán Vargas. Esta é unha das liñas que vimos xa traballando no centro. Esta formación permitiranos avanzar e establecer unha canle de colaboración coa USC.
| 24
| 25
| 26
| 27
all day
Este xoves, o profesor Antonio Riguero Rodríguez, do departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría da Escola Politécnica Superior do Campus de Lugo, impartiu para o alumnado de 1º de Bacharelato e do Ciclo a charla Bosques de Galicia. A actividade enmárcase nas charlas do programa A Ponte, que pretende achegar o ámbito universitario ao alumnado dos institutos, e no Plan de Acción Titorial do centro.
Riguero explicou a clasificación das árbores en artificiais e naturais. As artificiais son as plantadas polo home (soutos, piñeirais, eucaliptais.. ). As que medran de seu na natureza son naturais. Entre estas últimas distinguiu as de folla caduca (carballeiras, tipos de carballos, bidueirais, faias, ameneirais…) e as de folla perenne ou sempre verdes (aciñeirais, sobrados, louredos, acevedas…). Contou tamén das especies ameazadas polas pragas e, como non, dos estragos do lume. Unha charla ben interesante! Seguimos na intención de concienciar o alumnado na respecto da natureza.
all day
O alumnado de 2º de Bacharelato de Bioloxía e Ciencias da Terra, seguiu este venres a "ruta do lixo" ou, como é coñecida xa no centro "a ruta da merda". Visitaron a Planta de Reciclaxe de Lousame, EDAR de Porto do Son e o vertedoiro do Enxa. Coñecer para comprender e construír un mundo máis respectuoso co medio ambiente.
| 28
|