Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023

  • A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convoca 643 axudas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023, que se distribuirán do seguinte modo:

 - 491 axudas para alumnado de cota de reserva -(Alumnado que obtería praza o ano pasado pero quedou sen ela porque se cancelaron. Ese alumnado xa foi avisado desde a Consellería).

O IES DE PONTE CALDELAS GAÑA O PRIMEIRO PREMIO DE INNOVACIÓN EDUCATIVA "INNOVAGAL"

27/01/2023 07:14

O IES de Ponte Caldelas vén de recibir o primeiro premio INNOVAGAL de innovación educativa polo seu proxecto Da terra á nube : O Monte Vivo. Este certame está convocado pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e premia a traxectoria de compromiso dos centros coa innovación educativa.

Da terra á nube trátase dunha acción educativa complexa que integra varios proxectos relacionados entre si e que recolle unha traxectoria pedagóxica de compromiso do IES coa contorna en que se atopa.

Proxecto Terra, Proxecto Ríos, Paisaxe e Sustantibilidade... son un claro exemplo desa andaina de compromiso que ten sido recoñecida e premiada en anteriores ocasións.

Desde hai uns anos, Monte Vivo é o eixo que artella os proxectos de innovación e parte da resposta da comunidade educativa de Ponte Caldelas logo da devastadora vaga de incendios que chegou ás portas do instituto no ano 2017. Consiste na recuperación e coidado do terreo que rodea ao instituto, propiedade da Comunidade de Montes Veciñais de Cuñas e con quen se ten asinado un innovador contrato de custodia. Neste proxecto colabora tamén a CFEA de Lourizán, que proporciona experiencia e dirección técnica, e coa que se realizan labores de limpeza e plantación todos os cursos a partir de equipos integrados por alumnado de ambos os dous centros. O proxecto ábrese tamén á participación da asociación ecoloxista local A Rente do Chan, que ofrece a posibilidade de realizar actividades de voluntariado.

PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2023-24: FASE DE RESERVA

 

O procedemento ordinario de admisión en centros públicos de ESO e Bacharelato está regulado pola  ORDE do 21 de outubro de 2022 (DOG do 8 de novembro de 2022).

Para futuras tomas de decisión, é importante saber que o IES de Ponte Caldelas ofrece estudos de ESO e Bacharelato nas modalidades de “Ciencia e tecnoloxía” e “Humanidades e Ciencias Sociais”, servizo de transporte escolar e servizo de comedor escolar os luns a mediodía.


Calendario xeral do proceso de admisión:

ACTIVIDADE LECTIVA SEMANA do 5 ao 9 de DECEMBRO

Informamos de que a vindeira semana só haberá clase os días  7 e 9 (mércores e venres).

CONVOCATORIA DE ELECCIÓNS DE MEMBROS DOS CONSELLOS ESCOLARES

Composicións dos consellos escolares dos centros escolares

O Consello Escolar dos institutos de educación secundaria que teñan oito, ou mais, unidades estará composto polos seguintes membros:

  1. O director ou directora, que será o seu presidente.
  2. O xefe ou xefa de estudios, e, de se-lo caso, o xefe ou xefa de estudios de nocturno.
  3. Un concelleiro ou representante do concello do municipio no que estea situado o instituto.
  4. Sete profesores elixidos polo claustro (NO NOSO CASO TEMOS QUE RENOVAR CATRO PROFESORES)
  5. Tres representantes dos pais ou nais de alumnos (NO NOSO CASO DOUS)
  6. Catro representantes do alumnado (NO NOSO CASO TRES)
  7. Un representante do persoal de administracion e servizos.
  8. O secretario ou secretaria ou, se e o caso, o administrador ou administradora do instituto, que actuará como secretario do consello, con voz, pero sen voto.

Candidaturas

  1. Son electores e elixibles todos os membros da comunidade escolar, pero cada membro soamente poderá ser candidato por un dos sectores da comunidade escolar. Os censos publicaranse o 10 de novembro.
  2. O prazo de admisión de candidatos é do 11 ao 18 de novembro.
  3. Pechado o prazo de admisión de candidatos, a xunta electoral fará publica a proclamación de candidatos o 21 de novembro.
  4. Contra o acordo de proclamación poderase reclamar no prazo dos dous días seguintes ( 22 e 23 de novembro). A Xunta Electoral resolverá no seguinte día hábil e contra a súa decisión poderá interponerse recurso, que non terá efectos suspensivos, perante o delegado provincial da Conselleria de Cultura, Educación e Universidade.

Votacións

A Xunta Electoral, co fin de que todos os sectores implicados poidan participar, establecerá un calendario para as votacións correspondentes.