Bolsas de inmersión lingüística

Até o 15 de abril o alumnado de 1º ESO que teña unha media de notable en 6º de primaria e un notable en inglés de 6º pode acceder  a unha bolsa para participar nun Programa de Inmersión Lingüística do Ministerio de Educación.

Información sobre a contía das bolsas e requisitos nesta ligazón.

Retransmisión da Final do Club de Debate. 23 de febreiro de 2013

Aquí está a retransmisión da final do Clube de Debate do pasado sábado 23 de febreiro no Café Moderno de Pontevedra. A esta final chegamos despois de quedar os primeiros na clasificación eleminatoria do pasado 2 de febreiro. Na final enfrontámonos ante o IES do Sánchez Cantón. Despois de 36 minutos de intenso e igualado debate, o xurado determinou gañador ao IES do Sánchez Cantón por 198'5 puntos fronte a 196 obtidos polos nosos participantes.

Estas imaxes son unha homenaxe a un alumnado que soubo defender con moita dignidade e calidade unha opción nada doada de defender demostrando unha elevada categoría á hora de enfrontarse a un auditorio e a un reto intelectual de bastante dificultade. Parabéns ao equipo gañador porque souberon defenderse ben dos ataques dialécticos propostos polos nosos alumnos.


Final Club de Debate en Ponte.tv

Sodes grandes!

Grazas a Humberto e a Chus, e grazas aos mozos e mozas que participastes na Liga de Debate polo ben que o fixestes, grazas a todos e todas polo alto nivel demostrado,porque dignificastes a causa da normalización da Lingua,por deixar moi alto o nome do IES Ponte Caldelas.Grazas a vós porque sodes o presente e o futuro da lingua galega.

EDLG

Sodes grandes!