F.O.L.
Convocatoria Aberta De Bolsas ERASMUS +
Enviado por charo.cid o Mar, 27/02/2018 - 14:47Convocatoria aberta de Catro Bolsas ERASMUS+ para PROFESORADO e PERSOAL de ADMINISTRACIÓN e SERVIZOS en Ciclos Superiores.O prazo de presentación da solicitude rematará o LUNS 12 MARZO 2018 ás 13:00 h. Para resolver calquera dúbida están PROGRAMADAS DÚAS CHARLAS (mañá e tarde), nas horas do RECREO, o MARTES 6 DE MARZO DE 2018 na SALA DE PROFESORES do Instituto.
LIGAZÓNS:
Ata pronto Asmir
Enviado por charo.cid o Lun, 05/02/2018 - 11:04"Despedida do alumnado de 2º do Ciclo Superior de Robótica de Asmir, alumno Erasmus procedente de Bosnia que estivo con nós desde o mes de outubro. Sen dúbida, unha boa experiencia para todos e todas!"
Curso en Liña Nivel Básico Prevención de Riscos Laborais
Enviado por charo.cid o Xov, 01/02/2018 - 10:41
Curso en liña Nivel Básico de prevención de riscos laborais ofertado polo ISSGA ( Instituto Galego de Seguridade y Saúde Laboral) .Curso de 60 horas, gratuito .Formación necesaria, en moitos casos , para acceder ao mercado laboral. Data de inscrición do 13/2/2018 ao 22/2/2018. Selección por orde de incrición.Tedes mais información de cursos de nivel básico de prevención tanto en liña como presencial na ligazón do ISSGA
LIGAZONS
http://issga.xunta.es/portal/index.html
http://issga.xunta.es/portal/contido/formacion/en-lina/index.html
https://egap.xunta.es/matricula/login.php
Empregalia 2018
Enviado por charo.cid o Mar, 23/01/2018 - 14:41A feira do emprego “empregalia 2018” celebrarase o venres 26 e sábado 27 de xaneiro na Estación Marítima de Vigo.
Convocatoria do Proceso de Acreditación de Competencias profesionais en Galicia 2018
Enviado por charo.cid o Lun, 15/01/2018 - 10:55
A Consellería de Educación publicou a orde do 29 de decembro de 2017, pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, de distintas familias profesionais.
- Prazo: do 10 de xaneiro ao 2 de febreiro de 2018.
- A solicitude de participación deberá presentarse en soporte papel na secretaría do centro (sede) onde se vaia desenvolver o procedemento e farase empregando a aplicación informática subministrada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que se atopa no enderezo http://www.edu.xunta.es/acreditacion (activa a partir do 10 de xaneiro).
- Calendario 2018
PARA MÁIS INFORMACIÓN ACCEDE AOS SEGUINTES ENLACES:
- REQUISITOS.
- RELACIÓN DE UNIDADES DE COMPETENCIA E PRAZAS OBXETO DE ACREDITACIÓN.
- SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN.
- TAXAS.
- CRITERIOS DE PRIORIDADE.
- GUIA DA PERSOA CANDIDATA.
- LIGAZÓN COA ORDE DA CONVOCATORIA
- LIGAZÓN COA WEB DA CONSELLERÍA (ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS)
- LIGAZÓN APLICACIÓN INFORMÁTICA PARA A SOLICITUDE
Convocatoria 101 bolsas de Práctica Laboral pola Deputación de Pontevedra
Enviado por charo.cid o Mar, 26/09/2017 - 12:54A Deputación de Pontevedra convoca 101 bolsas de práctica laboral en empresas da provincia de Pontevedra, destinadas a persoas tituladas universitarias ( 50 BOLSAS) ou de formación profesional de grao superior(51 BOLSAS). Prazo da presentación ata o 9 de outubro
Ligazóns:
- Bases (BOPP 18/9/2017).
- Anexo I (bolsas ).
- Corrección erros.
- Formulario solicitud.
- Preguntas frecuentes.
Si tes dubidas podes preguntar no Servizo de Orientación laboral-profesional do instituto (despacho fronte á M6 no corredor de mantemento).
Email: orienta.laboralprofesional@gmail.com
Convocatoria Bolsas Xerais do MEC para Estudos non Universitarios
Enviado por charo.cid o Xov, 07/09/2017 - 19:49O Ministerio de Educación publica a RESOLUCIÓN DO 3 DE AGOSTO DE 2017, DA SECRETARÍA DE ESTADO DE EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES, POLA QUE SE CONVOCAN BOLSAS DE CARÁCTER XERAL PARA O CURSO ACADÉMICO 2017-2018, PARA ESTUDANTES QUE CURSEN ESTUDOS POSTOBLIGATORIOS.PRAZO de presentación da solicitude ata ao 3 de outubro do 2017.
LIGAZÓNS:
Convocatoria das Probas de Acceso ás Ensinanzas Deportivas 2017
Enviado por charo.cid o Xov, 15/06/2017 - 10:04Publicouse resolución pola que se convocan as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2017/2018 no DOG do 14 de xuño.
PRAZO DE INSCRICIÓN NAS PROBAS:
Do 15 de xuño ó 7 de xullo de 2017.
Convocadas Prazas nos Centros Residenciais Docentes para Estudos Postobrigatorios en Galicia 2017
Enviado por charo.cid o Mar, 13/06/2017 - 17:20Convócanse prazas de residencia nos Centros Residenciais Docentes da Coruña, Ourense e Vigo para cursar estudos postobrigatorios non universitarios no curso académico 2017/2018.
- Para os solicitantes matriculados en BACHARELATO, entre o 12 de xuño e o 15 de xullo de 2017.
- Para os solicitantes matriculados en CICLOS FORMATIVOS, entre o 12 de xuño e o 8 de agosto de 2017.
O Noso Alumnado de 1º de Prevención de Riscos na súa Práctica de Extinción de Incendios.
Enviado por charo.cid o Ven, 09/06/2017 - 10:47O alumnado de 1º de Prevención de Riscos Profesionais preparados para apagar calquera lume.
Admisión nas Escolas Oficiais de Idiomas para o curso 2017/2018
Enviado por charo.cid o Mar, 30/05/2017 - 16:19A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa publicou a Circular 3/2017 coas normas para a preinscripción, admisión e matrícula nas Escolas Oficiais de Idiomas no vindeiro curso 2017-2018. Preincrición online https://www.eoidigital.com/preinsxunta.
Ofertas de Emprego e Novo Portal de Emprego do Estado
Enviado por charo.cid o Mar, 18/04/2017 - 17:49Acreditación de Competencias 2017. Publicación das Listaxes Definitivas de Admitidos e Excluídos
Enviado por charo.cid o Mar, 04/04/2017 - 17:13Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no procedemento de acreditación de competencias profesionais da convocatoria 2017.Prazo para realizar un recurso de alzada: do 30 de marzo ao 29 de abril de 2017, ambos os dous incluídos.
Axudas para un Curso Intensivo de Inmersión Lingüística en Inglés.
Enviado por charo.cid o Ven, 17/03/2017 - 13:04Convócanse ata 2.400 bolsas para a participación nun programa intensivo de inmersión lingüística en inglés en España en réxime de internado e pensión completa, dunha semana de duración, no mes de xullo de 2017. Destinados a estudantes de Bacharelato, ensinos profesionais de música e danza Grao medio de Formación Profesional, grao medio de artes plásticas e deseño, grao medio de ensinos deportivos e ensinos de idiomas de nivel intermedio ou avanzado. Prazo ata o 20 de abril de 2017
Listas para Persoal Interino e Contratación temporal de Persoal Laboral da Xunta de Galicia.
Enviado por charo.cid o Mar, 14/03/2017 - 20:01Áberto o prazo ata o 15 de xullo do 2017 para inscribirse nas listas de persoal interino, para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios, e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.
Plan de Práctica Laboral en Concellos e na Deputación de Pontevedra
Enviado por charo.cid o Mar, 14/03/2017 - 19:33Convocatoria de 200 bolsas de práctica laboral para a deputación e os concellos da provincia de pontevedra, ano 2017.Destinadas a persoas con títulos universitarios ou de ciclos formativos de grao superior de formación profesional.
8 de Marzo, día da muller traballadora
Enviado por charo.cid o Lun, 06/03/2017 - 10:39A área de Igualdade do IES Politécnico organizou actividades para todos os niveis educativos. ¡Participa e Reflexiona!
Educar na Igualdade non é unha opción é unha obriga
Xóvenes vigueses dan a cara polo feminismo
CARNÉS E HABILITACIÓNS PROFESIONAIS CONVOCATORIA 2017
Enviado por charo.cid o Lun, 06/03/2017 - 10:38Convocatoria 2017 carnés e habilitacións profeionais . Prazo convocatoria ordinaria desde o día 2 ao día 15 de marzo de 2017, ambos os dous incluídos. Prazo convocatoria extraordinario desde o día 3 ao día 14 de xullo de 2017, ambos os dous incluídos.
Máis información na seguinte ligazón http://www.edu.xunta.es/fp/carnes-profesionais
EMPREGALIA 2017
Enviado por charo.cid o Lun, 06/03/2017 - 10:30Feira do Emprego de Galicia na estación marítima de Vigo os días 10 e 11 de marzo de 2017.
O venres 10 de marzo o horario será de 9:30 a 20:00 horas e o sábado 11 de marzo de 9:30 a 13:30 horas.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- seguinte ›
- última »