SPAINSKILLS 2015

Os campeonatos Spainskills 2015 celebráronse en Madrid do 5 ao 9 de maio de 2015

Medalla de prata en fresado-torneado: Adrián Martínez Rodríguez, do IES Politécnico de Vigo.

Titor: Javier Fondevila Blanco.

Un SPAINSKILLS máis e unha medalla máis, e xa van tres, unha de ouro e dúas de prata.

Dende que se volveu celebrar esta campeonato nacional de FP no ano 2011 vimos participando dende o Politécnico de Vigo, e con resultados moi satisfactorios como o demostran os galardóns obtidos. Con isto queda reflictido o alto nivel de formación no noso Centro, a implicación do profesorado, e os resultados obtidos pola aposta de medios tanto  materiais  como técnicos, actualizados e acordes coa fabricación e o entorno productivo da comarca.