Ponte... nas ondas!

 

Á luz da Candeira – IES Politécnico 2023 -2024
Rede de Centros “Ponte... nas ondas! Modelo de boas prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI)”

 "Á luz da Candeira" é un proxecto escolar ao abeiro dos Plans Proxecta ofertados pola Consellería de Educación que foi desenvolvido no IES Politécnico de Vigo durante o curso 2023/24 nas aulas de Lingua e Literatura Galega de 1º ESOA+B, mais ao que tamén se sumaron no seu proceso as aulas de 1º BACH B+C e de 2º BACH A. Este proxecto naceu co obxectivo da creación dun proceso de participación da Comunidade Escolar no coñecemento, conservación e posta en valor do Patrimonio Cultural Inmaterial galego; sendo un dos 20 centros de toda Galicia seleccionado (das máis de 40 solicitudes) este curso para integrase na Rede de Centros “Ponte... nas ondas! Modelo de boas prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI)”.

 
Así pois, o IES Politécnico de Vigo impulsou, coordinou e organizou o proxecto Á luz da Candeira, co obxectivo primordial de traballar co alumnado os valores relacionados coa conciencia de coñecemento, recollida e posta en valor do noso patrimonio cultural inmaterial; que se canalizaron a través de distintos medios, como foron a emisora escolar ou a creación dunha web coa información recollida. Desta maneira, este proxecto centrouse especialmente nos ámbitos da tradición oral e a fotografía antiga; pois, por unha banda, parte do alumnado participou nun proceso de recollida, transcrición e difusión dun repertorio de tradicións orais (contos, cantigas, adiviñas…) transmitidas polas súas familias durante o Nadal de 2023; e, por outra banda, outra parte do alumnado realizou unha recolla de fotografías antigas na súa contorna máis próxima, coas que se traballou tanto a expresión escrita (coa redacción de textos descritivos), como a expresión oral (coa creación de podcasts sobre as fotografías). Finalmente, co material recibido creouse a web na que  se actualmente se pode acceder a 152 traballos, entre os que hai 54 recollidas de diferentes tradicións orais, e mais 60 fotografías anteriores a 1970, acompañadas maioría do seu texto descritivo e mais de 38 audios asociados, nos que se dá unha explicación das imaxes referidas. Ademais, como punto final, creáronse tamén 4 podcasts radiofónicos sobre 4 das fotografías recollidas polo alumnado.
 
A seguir, vai un pequeno resumo das actividades realizadas ao longo do curso:
 

  1. Actividades desenvolvidas ao abeiro do programa

 

 

 

 

 

 

  • Creación dunha web que inclúa toda a información recollida durante o proxecto (xaneiro 2024)

 

 

 

 
2. Ligazóns ás actividades realizadas durante o curso 2023-2024