Saída 1 "O Noso Lagares" (11/4/24)
Nunha actividade pertencente ao Proxecto Ríos (proxecto no que participa o noso Centro este curso), vencellada á materia de Proxecto Competencial e organizada polos departamentos de Lingua Galega, Bioloxía e o EDLG; o pasado xoves día 11 de abril o grupo de 1º ESO A realizou a saída programada á zona alta do río Lagares; na que puidemos contar coa colaboración de membros de ADEGA. Nesta marabillosa e solleira xornada, o alumnado puido descubrir lugares relacionados co principal curso de auga do Concello de Vigo, o río Lagares. En primeiro lugar, achegámonos en bus ao nacemento do río, a Lagoa Mol, sita no lugar da Retorta (Peinador), insertada dentro do Aero Club de Golf vigués e xusto ao carón do Aeroporto de Vigo. Posteriormente realizamos unha ruta camiñando pola zona, achegándonos á fonte das Valadas, o muíño das Patas e as Mámoas de Cotogrande, onde o alumnado escoitou as explicacións do profesorado acompañante. A seguir, novamente en bus, achegámonos á zona do Parque da ponte de Cabral, onde se realizou unha inspección da zona do río coa axuda dos membros de ADEGA, coa que o alumnado puido descubrir a cantidade de macroinvertebrados presentes na auga do río. Ademais, nesta parte o alumnado puido xogar facendo un herbario e realizando unha recollida de lixo nas inmediacións do río, retirando arredor de 20 kg nun total de 5 bolsas. Finalmente, e para rematar a xornada, o autobús desprazounos ata a parroquia de Sárdoma, onde o alumnado realizou unha ruta circular de apenas 1 quilómetro, na que puido ver cinco puntos interesantes: os petróglifos da Laxe, o pazo da Caracola, a ponte medieval de Sárdoma, o cruceiro da Laxe e o muíño do Xofre.
En definitiva, unha xornada espectacular de contacto coa natureza, coñecemento e diversión no Noso Lagares!!
Adxunto | Tamaño |
---|---|
IMG_20240411_095305.jpg | 1.63 MB |
IMG_20240411_095320.jpg | 1.54 MB |
IMG_20240411_101318.jpg | 1.58 MB |
IMG_20240411_101817.jpg | 1.26 MB |
IMG_20240411_102102.jpg | 1.24 MB |
IMG_20240411_102247.jpg | 1.21 MB |
IMG_20240411_105032.jpg | 2.58 MB |
IMG_20240411_111430.jpg | 699.11 KB |
IMG_20240411_114550.jpg | 671.26 KB |
IMG_20240411_123658.jpg | 1.74 MB |
IMG_20240411_124524.jpg | 707.36 KB |
IMG_20240411_124531.jpg | 1.24 MB |
IMG_20240411_124837.jpg | 486.64 KB |
IMG_20240411_125046.jpg | 220.21 KB |
IMG_20240411_131624.jpg | 572.16 KB |
IMG_20240411_131634.jpg | 153.72 KB |
IMG_20240411_131817.jpg | 652.98 KB |
IMG_20240411_133559.jpg | 1.16 MB |
VID_20240411_111403.mp4 | 63.88 MB |