ESA4: SOCIEDADE 2/4/20 1º BIMESTRE

Ola alumn@s

Temos que ir avanzando nos contidos deste bimestre porque hai que ter en conta que a avaliación  inicial estaba prevista  para o 23 de abril. Hai que estar abertos a todos os posibles escenarios polo tanto a esforzarnos un pouquiño,  se a nosa saúde e a dos nosos achegados no lo permite.

Imos intentar traballar o último apartado da unidade didáctica 13: “A Ditadura de Franco e a Transición”. Esta semana ímonos  deter concretamente nos contidos  sobre a ditadura que podedes atopar a partir da páxina 38 ata 49 sempre e cando estudedes coa unidade que está en galego.

-Le o seguinte texto varias veces e a continuación fai as actividades.

“A ensinanza  foi case un monopolio da Igrexa católica. A coeducación prohibiuse e gran parte dos mestres republicanos foron apartados dos seus postos.

A ensinanza debía contribuír a difundir entre nenos e mozos os valores do réxime, como o amor á patria, o papel secundario da muller e a mitificación da figura de Franco. Ata a aprobación da Lei Xeral de Educación de 1970 non se intentou modernizar o sistema educativo español, adecuándoo á realidade social do país”.

Explica o significado das seguintes palabras: monopolio, coeducación e mitificación.

Cal é o tema deste texto?

Cal é a mensaxe que se transmite dese tema por parte do autor?

Que intenta hoxe difundir a educación entre nenos e mozos?

Que debería intentar difundir a educación?

 

-Consulta a páxina 64 desta unidade didáctica e escribe información, aproximadamente unha carilla,  sobre a ditadura de Franco que consideres importante pero que non inclúen no resumo.

 

Déixovos o meu correo electrónico: dolores.losada.arias@edu.xunta.gal

Ánimo para estas vacacións tan diferentes das que esperabamos.

Dolores Losada Arias: titora e profesora de Sociedade de ESA4