Skip to Content

Administración

PRESENTACION

Un novo concepto de Formación Profesional basado en tres pilares: diversidade, conexión co mundo profesional e un firme compromiso coa calidade académica.

 

Solicita información de Ciclos Formativos:

982 87 01 02

 

Por fin un Instituto que se preocupa por ti

O IES Perdouro, firmemente convecido do valor que os Ciclos Formativos teñen para a sociedade amplía, de acordo coa normativa vixente, o Ciclo Medio de Xestión Administrativa a dous cursos académicos.

Desta maneira o IES Perdouro ofrece a posibilidade de cursar dentro da familia de Administración o Ciclo Superior de Administración e Finanzas e o Ciclo medio de Xestión Administrativa. O Centro vai moito máis aló dos modelos tradicionais das escolas de formación profesional, ao poñer especial énfase na aprendizaxe integral, para complementar o coñecemento específico de cada área co desenvolvemento de competencias profesionais e valores éticos.

Experiencia en FP dual - CM Xestión administrativa

FP Dual Andrés Duarte acolleuse á modalidade de FP dual no 2º ano do CM de Xestión administrativa. Fálanos da súa experiencia. Agora está empregado na empresa e, en setembro vai poder seguir estudando o Ciclo Superior de Adminstración e Finanzas no IES Perdouro á vez que traballando a media xornada.

Accede aquí á reportaxe.

Distribuir contido


by Dr. Radut