Saltar navegación.
Inicio

Física e química

VISITA AOS MUSEOS DE A CORUÑA.

 

O pasado día 29 de xaneiro alumnado do IES PEDRA DA AUGA, visitaron os museos da Coruña, pasaron un gran día na cidade herculina.

 

Museos Coruña on PhotoPeach

AS PROPIEDADES DA LUZ-PREMIO

Alumnos de Fisica e Química e de Cultura científica estiveron nas interesantes charlas que estivo impartendo no centro Benito Vázquez Dorrío, profesor de física Aplicada na ETSE de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo e Embaxador para España da Rede Europea Científica SCIENTIX. Explicou  as propiedades da luz con exemplos  para entender a técnica de medida con láser (interferometría) da que es especialista.

O PEDRA DA AUGA NA SEMANA DAS CIENCIAS DE PONTEAREAS


Preme na imaxe para acceder á galería.

Neste enlace podes participar nunha enquisa sobre dita actividade.

A primeira edición da “Semana das Ciencias” finalizou coa participación dos centros educativos de Ponteareas nos stands dos futuros investigadores.
Alumnos e alumnas do noso centro acompañados polos profesores: Carmen Sánchez, Rosa Casero e Xabier Prado, organizaron  distintos  xogos e experimentos  de física, química e matemáticas:

Presentacion da teoria de relatividade na semana da ciencia

No marco da Semana da Ciencia de Ponteareas, os alumnos de 1º de Bacharelato Científico Angel Barral e Patricia López, xunto co seu profesor de Física e Química, Xabier Prado, presentaron a propiedade relativista da velocidade límite ante o público asistente ao Punto Científico realizado nos Xardíns da Xiralda, diante do Concello de Ponteareas, o sábado 23 de abril de 2016.

Máis información nesta páxina.

 

OBRADOIRO DE DIVULGACIÓN CIENTÍFICA

Co obxectivo de intercambiar experiencias e espertar o interese pola ciencia, o departamento de física e química organizou un "Obradoiro de divulgación científica" no que tivemos a sorte de contar coa presenza de Benito Vázquez Dorrío, profesor do departamento de física aplicada na ETSE de Minas da Universidade de Vigo.

Os alumnos e alumnas de 4ºESO e 1º BACHARELATO amosaron os conceptos aprendidos realizando distintos experimentos.

Preme na imaxe para acceder á galería.

 

VI ENCONTRO GALEGO DAS ESCOLAS ASOCIADAS Á UNESCO

Como en anteriores edicións, o IES Pedra da Auga estivo presente no “VI Encontro Galego das Escolas Asociadas á UNESCO” celebrado os días 25 e 26 de febreiro en Pontevedra.

Baixo o lema “Identidade, Cultura e Diálogo”, alumnos e alumnas de oito centros galegos traballaron en distintos obradoiros: Relatividade, Mediación, Atlántico, Patrimonio e Presentación de traballos desenvolvidos nos comités. Todos eles cun obxectivo común: promover valores como a educación para a cooperación e a paz, o traballo en equipo e o respecto ao medio ambiente.

O noso centro estivo representado por dous profesores: Xabier Prado e Ignacio Iriondo, e 22 alumnos e alumnas de 1ºESO e 1ºBACHARELATO que ademais de participar en todos os obradoiros, foron os encargados de conducir o “Obradoiro de Relatividade “.

Preme na imaxe para acceder á galería.

 

O IES PEDRA DA AUGA EN CULTURGAL

 

 

O sábado 5 de decembro, o profesor Xabier Prado e algúns dos seus alumnos de 2º de Bacharelato, representaron ao IES Pedra da Auga na Feira das Industrias Culturais “CULTURGAL” celebrada en Pontevedra.

Preme na imaxe para acceder á galería

 

PREMIOS CIENCIA EN ACCIÓN

Temos boas novas!

O 16 e 17 de outubro, Xabier Prado, profesor de Fisica e Química no noso centro, acudiu a XVI edición do certame científico “Ciencia en Acción” en Viladecans para recoller dous premios por traballos realizados durante o curso 2014-2015 cos seus alumnos e alumnas de 1º de bacharelato.

O certame é unha iniciativa que trata de acercar a ciencia  dunha maneira atractiva  ao público a través de conferencias, concursos e compartindo distintas experiencias. Preme na imaxe para acceder á información.

Ciencia en Acción

Alumnado de 1º de Bac na Radio Galega

 

Un par de alumnos que cursaron 1º de Bacharelato Cientifico foron entrevistados pola Radio Galega o día 2 de Setembro no programa "A Tarde" das 17:43 ás 18h (a entrevista, dun cuarto de hora, pódese escoitar directamente neste PodCast (a partir do minuto 43:30).

  

Distribuir contido