O IES PEDRA DA AUGA EN CULTURGAL
O sábado 5 de decembro, o profesor Xabier Prado e algúns dos seus alumnos de 2º de Bacharelato, representaron ao IES Pedra da Auga na Feira das Industrias Culturais “CULTURGAL” celebrada en Pontevedra.
Preme na imaxe para acceder á galería
Paula Mariño Barreiro, Nuria de Castro Celard, Diego Amil González, Ana María Álvarez Domínguez e Adrián Carballido Nogueira actuaron xunto a Xabier Prado no espazo “Ciencia á Feira” mostrando o seu proxecto “Relatividade nas túas mans” , traballo de divulgación da teoría da relatividade a través do teatro e a xeometría.
Parabéns a todo o equipo polo bo traballo realizado.