Recomendámosche
COMITÉ DE MEMORIA HISTÓRICA IES PEDRA DA AUGA DE PONTEAREAS
O Comité de Memoria Histórica do IES Pedra da Auga nace para loitar pola defensa do dereito de coñecer a nosa propia historia. Para isto, programaremos charlas, coloquios e proxeccións de audiovisuais nos que especialistas no tema visitarán o noso centro.
O Comité na actualidade está formado polo alumnado Lara Mo Puentes, Miguel Ángel Arce Ramón, Marouane Belaidi Oulhaj, Hugo Menéndez Farpón e polo profesorado Marta Álvarez Pérez (Dep. Bioloxía), Ismael Alonso Lorenzo (Dep. Inglés) e polos profesores do Dep. de Historia Aitor Insunza Núñez, Carlos Lozano Gonzáles e Xosé Lois Gómez García. Por suposto, o Comité está aberto a todos os membros da comunidade educativa que queiran colaborar.
Neste apartado, queremos mencionar a todo alumnado de 4º ESO que desde o curso 2020-21 ven confeccionando traballos de Memoria Histórica, especialmente sobre represaliados da Guerra Civil e do Franquismo. Estes traballos poderán ser consultados a partir de agora neste enlace. Trátase dun muro onde os propio alumnado sobe os seus traballos. Próximamente teremos a achega dos estudantes de 4º de este curso 2022-23.
Manterémosvos informados das actividades programadas a través desta sección. Un cordial saúdo!
"FEIRA DA LUZ-IYL2015": PREMIO NO II CONCURSO DE TRABALLOS POR PROXECTOS
O IES Pedra da Auga foi galardoado no “II Concurso de Traballos por Proxectos” convocado pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia, polo traballo integrado e coordinado desde a biblioteca escolar: “FEIRA DA LUZ-IYL2015”.
Preme na imaxe para acceder ao proxecto e a un recopilatorio das experiencias realizadas.
“Feira da Luz” foi un proxecto desenvolvido ao longo do curso 2014-2015, coordinado pola profesora Mª Dolores Pardo e resultado dun traballo de equipo e colaborativo no que se implicaron moitos departamentos do noso centro.