Saltar navegación.
Inicio

AS PROPIEDADES DA LUZ-PREMIO

Alumnos de Fisica e Química e de Cultura científica estiveron nas interesantes charlas que estivo impartendo no centro Benito Vázquez Dorrío, profesor de física Aplicada na ETSE de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo e Embaxador para España da Rede Europea Científica SCIENTIX. Explicou  as propiedades da luz con exemplos  para entender a técnica de medida con láser (interferometría) da que es especialista.

Esta presentación ven de recibir o Premio Ciencia en Acción, un dos máis prestixiosos galardóns a nivel internacional para a divulgación científica.

Parabéns desde o IES Pedra da Auga, Benito!