Saltar navegación.
Inicio

Taboleiro

Probas libres para a obtención do título da ESO para maiores de 18 anos

O prazo de matrículación é do 18-28 de maio para a proba de xuño e do 1-3 setembro, para a proba de setembro.

As probas na provincia de Pontevedra pódense realizar en:
-Centro EPA Berbés, rúa Marqués de Valterra, 8-1º, Vigo.
-Centro EPA Río Lérez, avda. de Buenos Aires, s/n, Pontevedra.
Para máis información, visita o blogue de orientación ou consulta o documento do DOG:

http://www.edu.xunta.es/web/node/754

Lugares de realización das probas de acceso a ciclos de grao medio

O día 4 de xuño terán lugar, no IES Pedra da Auga, as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio, para o alumnado de:
-IES Pedra da Auga.
-IES da Cañiza.
-IES Pazo da Mercé.
-IES Salvaterra de Miño.
-CIFP A Granxa.
Lembramos que, para facer o exame, é necesario traer o DNI e a copia da solicitude de inscripción ás probas.

Proposta copa intercentros fútbol-sala

Xa hai data para o evento: 14 de maio. Se queres coñecer máis detalles de como se desenvolveran os partidos, consulta o documento completo no apartado de Educación Física.

Coñece outras linguas e abre a porta a outras culturas!

Descobre as claves para iniciarte noutros idiomas dun xeito sinxelo no apartado de multilingüismo da sección de actividades. Alí, atoparás vídeos demostrativos e un montón de recursos, dun sistema de aprendizaxe das linguas baseado na linguaxe de signos.

Bótalle unha ollada! 

Colección de libros "ELIGE TU FUTURO"

Infoempleo.com elabora todos os anos unha recopilación de estudos universitarios así como de formación profesional, artes plásticas e deseño.

As carreiras universitarias atópanse organizadas en función das áreas de coñecemento (Ciencias Sociais, Xurídicas e Económicas; Humanidades e Ensinanzas Artísticas; Ciencias Experimentais e da Saúde; Enxeñarías e Arquitectura).

Podes acceder ás versións electrónicas destas publicacións nos seguintes enlaces: 

http://content.yudu.com/publishing/Library/Ar9mm/EligetuFuturoLibro1 (Ciencias Sociais, Xurídicas e Económicas)

http://publishing.yudu.com/Library/Arhc7/EligetuFuturoLibro2 (Humanidades e Ensinanzas Artísticas)

http://publishing.yudu.com/Library/Arhc9/EligetuFuturoLibro3 (Ciencias experimentais e da saúde)

Colección de libros "ELIGE TU FUTURO"
Distribuir contido