Saltar navegación.
Inicio

Taboleiro

AXUDAS PARA A ADQUISICION DE LIBROS DE TEXTO

O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO DESTINADAS AO ALUMNADO QUE SE MATRICULA EN 1º E 3º DE E.S.O. SERÁ DO 25 DE XUÑO AO 27 DE XULLO DE 2015.

PARA O ALUMNADO DE E.S.O. QUE FORMALICE A MATRÍCULA NO PRAZO EXTRAORDINARIO SERÁ DO 2 DE SETEMBRO AO 2 DE OUTUBRO DE 2015, AMBOS INCLUSIVE.

 

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

A RELACIÓN PROVISIONAL DE SOLICITUDES ADMITIDAS E EXCLUÍDAS DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO DESTINADO AO ALUMNADO QUE SE MATRICULA EN 2º E 4º DE E.S.O. PUBLICARASE NESTE TABOLEIRO DE ANUNCIOS E/OU NA PÁXINA WEB DO CENTRO O DÍA 7 DE XULLO DE 2015.

O PRAZO DE RECLAMACIÓN SERÁ OS DÍAS 8 E 9 DE XULLO DE 2015.



A RELACIÓN DEFINITIVA DE SOLICITUDES ADMITIDAS E, DE SER O CASO, EXCLUÍDAS, PUBLICARASE NESTE TABOLEIRO DE ANUNCIOS E/OU NA PÁXINA WEB DO CENTRO O DÍA 15 DE SETEMBRO DE 2015.

Exames de Setembro 2015

a continuación podedes descargar o calendario de exames de setembro deste ciurso escolar 2014/15

LIBROS DE TEXTO PARA O VINDEIRO CURSO ESCOLAR 2015/16

A CONTINUACIÓN RELACIONAMOS OS LIBROS DE TEXTO PARA O VINDEIRO CURSO 2015/16. HAI QUE TER EN CONTA QUE SÓ PODEN CAMBIAR, CON RESPECTO Ó ANO PASADO, EN 1º E 4º DA ESO E EN 1º DE BACHARELATO.

Alumnado seleccionado para participar no Programa Europeo

Dado que contabamos con 6 prazas para realizar a FCT en Europa, no periodo ABRIL-XUÑO 2015, e únicamente se presentaron 3 candidaturas, as 3 persoas presentadas foron seleccionados.

Para consultar a listaxe de seleccionados, prema no arquivo que se achega:                                                                                                                                                       

Reunión solicitantes "Europa. Next Station: Vocational Training Network"

CONVOCATORIA DE REUNIÓN PARA CANDIDATOS Á REALIZAR A FCT EN EUROPA

ORDE DO DÍA:

1- Procedemento para levar a cabo a selección definitiva de adxudicados.

2- Entrega do protocolo a seguir por parte do alumnado seleccionado.

LUGAR: Despacho de Dirección

DÍA: Mércores, 17 de decembro de 2014

HORA: 11.15-11.55

CONVOCA: Marta Torreiro, Coordinadora de Programas Internacionais

Programa "Europa. Next Station: Vocational Training Network"

Se estás a cursar 2º de Ciclo Medio en calquera das ramas do noso centro: Servizos Administrativos, Instalacións Eléctricas e Electromecánicas e Electromecánica de Vehículos, e queres realizar a FCT nun país europeo, podes presntar a túa candidatura ata o 12 decembro de 2014.

Para participar, envia un correo electrónico explicando brevemente a túa motivación á dirección ies.pedra.auga@edux.xunta.es, poñendo como asunto "FCT en Europa". 

Para ver os criterios de selección, preme no arquivo que se achega.

Non deixes pasar esta oportunidade!

Proxecto Mocidade Online

O proxecto MOCIDADE ONLINE pretende coñecer o uso de internet e as novas tecnoloxías polo alumnado dos centros de secundaria de Galicia a través dunha enquisa que se realizará desde unha páxina web creada ao efecto.

Esta iniciativa está coordinada polos seguintes organismos: Consellería de Cultura e Ordenación Universitaria (CCOU), Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Universidade de Compostela (USC) e Valedor do Pobo.

Entre o martes 13 de maio e o venres 30 de maio, os alumnos poderán acceder, cunha contrasinal personalizada, a unha enquisa (os datos serán anónimos), na páxina web indicada a continuación:

ENLACE ENQUISA

Viaxe de estudos a París (marzo de 2014)

Os alumnos de 1º de Bacharelato do IES PEDRA DA AUGA realizaron unha viaxe de estudos a París  de 5 días acompañados dos seus profes de francés. Como profes estamos moi orgullosos do traballo realizado e do comportamento exemplar dos seus alumnos durante toda a viaxe. FELICIDADES CHICOS/AS!!!

Distribuir contido