Saltar navegación.
Inicio

Taboleiro

AVISO A NAIS/PAIS OU TITORES LEGAIS DO ALUMNADO

Convocadas novas axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación secundaria obrigatoria para o curso escolar 2015-2016.

PREMIOS CIENCIA EN ACCIÓN

Temos boas novas!

O 16 e 17 de outubro, Xabier Prado, profesor de Fisica e Química no noso centro, acudiu a XVI edición do certame científico “Ciencia en Acción” en Viladecans para recoller dous premios por traballos realizados durante o curso 2014-2015 cos seus alumnos e alumnas de 1º de bacharelato.

O certame é unha iniciativa que trata de acercar a ciencia  dunha maneira atractiva  ao público a través de conferencias, concursos e compartindo distintas experiencias. Preme na imaxe para acceder á información.

Ciencia en Acción

Programa de mobilidade "Europa. Next Station: Vocational Training"

Por segundo ano, o IES Pedra da Auga participa nun programa de mobilidade Erasmus+.

Se estás a cursar 2º de Ciclo Medio en calquera das ramas profesionais do noso centro e queres realizar a FCT nun país europeo, podes presentar a túa candidatura ata o 10 decembro de 2015.

Para participar, envia un correo electrónico explicando brevemente a túa motivación á dirección ies.pedra.auga@edux.xunta.es, poñendo como asunto "FCT en Europa". 

Para ver os criterios de selección, preme no arquivo que se achega.

Días non lectivos curso 2015/2016

Coñece o calendario escolar para o curso 2015/2016 no seguinte enlace:

 

Horario de atención ás familias

Podes consultar o día e a hora en que atenden os titores/as no seguinte enlace:

http://www.edu.xunta.gal/centros/iespedradaauga/node/1941

Días non lectivos curso 2015/2016

Calendario escolar 2015/2016

Axudas libros de texto de 1º e 3º de ESO

Xa están ADXUDICADAS as axudas de adquisición de libros de 1º ou 3º da ESO. As persoas que asinaron a solicitude xa poden pasar pola secretaría do centro para recoller o vale, en horario de 9:00 a 14:00 horas.

Vales adquisición de material escolar

Xa están DISPOÑIBLES os vales para adquisición de material escolar na secretaría do centro, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Poden pasar a recollelos as persoas que asinaron a solicitude.

Distribuir contido