Skip to Content

Actividades

Martes de estrela

Onte o tempo acompañou, e puidemos levar a cabo a observación astronómica. A xornada comezou cun entretido kahoot sobre a temática, tralo cal demos inicio á actividade tan esperada pola rapazada de 1ºESO: a observación da Lúa, Saturno, Marte e outros astros, como unha estrela dobre e un cúmulo estelar.

Exposición de modelos celulares

 

Como colofón de trimestre, a rapazada de 1ºESO pon a proba a súa creatividade e demostra o aprendido sobre as células nesta avaliación. Gran traballo por equipos, parabéns a estes cativos e cativas! Esperemos que en 3ºESO lembren todavía o nome dalgún orgánulo...

Preme aquí para ver as fotos de tódalas maquetas!

Onte vimos estrelas!

Onte celebramos unha "Xornada Astronómica" para o alumnado de 1ºESO no noso insti, que comezou coa representación teatral da obra O noso sistema solar, a cargo dun grupo de rapaces/as de 1ºA e 1ºB. Logo de participar nun divertido kahoot sobre a temática do día, os alumnos/as asistiron a unha sesión de cine, co visionado da película Marte (The Martian).

Unha científica real

Para demostrar que existe e que estudar pode ser un traballo duro, pero agradable e frutífero, tivemos con nós durante unha horiña (que se fixo curta) á nosa científica particular (como a chamamos en 1º da ESO).

Alba Aguión falounos dela, dos seus estudos e traballos, da diferenza entre Ártico e Antártico, de como os osos son perigosos se teñen fame ou coidan crías, de como o inglés abre moitas portas para “saír por aí”... en fin, deunos un repaso á súa vida (tamén curtiña, polo de agora!).

Museo de Historia Natural da USC

Aí vos vai un pequeno resumo da visita dos de 1º ao Museo de Historia Natural de Santiago.

O 12 de maio demos un  paseo guiado por un excelente guía que nos foi mergullando nese aspecto da natureza tan pouco entendible pero moi necesariamente defendible: a biodiversidade. Un alumnado moi disposto a escoitar as indicacións e moi curioso ante algo que lles parecía novo, pero que xa teñen diante no seu día a día: o iguales e diferentes que somos os habitantes do noso instituto. E o necesario que é protexer esa diversidade!.

Marisqueo en O Ariño

Aquí vos deixamos un resumo da xornada do pasado mércores 29 de outubro, escrito pola alumna Carla Valiña Lema:

Onte fomos de excursión á praia de “O Ariño”. Fomos ver unha charla sobre marisqueo. Explicáronnos varias cousas: como collían os berberechos, as ameixas, cando se pode coller o marisco, cantas toxinas hai, etc.

Despois fomos pola praia para que nos ensinaran como se collía o marisco. Mentres que nos entretiñamos na area, unha das mariscadoras puxo o seu traxe de traballo e foi ata unha boia, que era onde se encontraban os berberechos.

Cando rematou, puxémonos a sacar unha foto de grupo e voltamos á escola.

Distribuir contido


by Dr. Radut