Skip to Content

Martes de estrela

Onte o tempo acompañou, e puidemos levar a cabo a observación astronómica. A xornada comezou cun entretido kahoot sobre a temática, tralo cal demos inicio á actividade tan esperada pola rapazada de 1ºESO: a observación da Lúa, Saturno, Marte e outros astros, como unha estrela dobre e un cúmulo estelar. Acompañáronnos, por segundo ano consecutivo, as explicacións de Pedro Pablo Campo, membro do observatorio Ramón María Aller da USC. Os rapaces e rapazas atenderon, preguntaron dúbidas e puideron gozar, xunto co profesorado asistente, dunha observación astronómica nunha noite finalmente despexada. Agradecemos ao programa TODOCOSMOS poder contar co seu importante labor divulgativo un ano máis.

Preme aquí para ver máis fotos da xornada. Por máis noites con estrela!



page | by Dr. Radut