Skip to Content

Marisqueo en O Ariño

Aquí vos deixamos un resumo da xornada do pasado mércores 29 de outubro, escrito pola alumna Carla Valiña Lema:

Onte fomos de excursión á praia de “O Ariño”. Fomos ver unha charla sobre marisqueo. Explicáronnos varias cousas: como collían os berberechos, as ameixas, cando se pode coller o marisco, cantas toxinas hai, etc.

Despois fomos pola praia para que nos ensinaran como se collía o marisco. Mentres que nos entretiñamos na area, unha das mariscadoras puxo o seu traxe de traballo e foi ata unha boia, que era onde se encontraban os berberechos.

Cando rematou, puxémonos a sacar unha foto de grupo e voltamos á escola.

Os rapaces gozaron da saída e estiveron atentos e participativos, e a valoración da charla foi moi positiva. Ademais foron agasallados cunha carpeta con documentación informativa, unha viseira e un bolígrafo, e o profesorado cun par de libros da Costa da Morte.

Por último, premendo aquí podedes ver as fotos desta interesante charla!



page | by Dr. Radut