Skip to Content

Informática

Fp Innova Galicia 2019

O xoves 9 de Maio o alumnado da E.S.O, FP Básica e Ciclo Medio visitaron Fp Innova Galicia 2019 (Congreso de Innovación de Formación Profesional) na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.

En Praga co programa Erasmus +

Marta, Adrián e Iván en Praga

Por cuarto curso consecutivo o noso instituto participa no programa Erasmus +. Ao abeiro deste programa os alumnos que rematan os seus estudos de FP Básica e Ciclo Medio poden realizar a súa Formación en Centros de traballo en empresas no estranxeiro.

 

Iván e Adrián, alumnos do Ciclo Medio de sistemas Microinformáticos e Redes, Xunto coa profesora Marta Rey viaxaron a principios de abril a Praga para realizar as súas estadías Erasmus +.

 

 

Visita á empresa de telecomunicacións R e o Muncyt

O alumnado de CM de Sistemas Microinformáticos e Redes realizou unha saída a A Coruña o venres 8 de Febreiro onde visitaron a empresa de telecomunicación R e o MUNCYT (Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía).

2ª Feira das ensinanzas Profesionáis e Artísticas en Ponteareas

O noso alumnado de Ciclo Medio participou na 2ª FEIRA DAS ENSINANZAS PROFESIONÁIS E ARTÍSTICAS que se celebrou os días 4 e 5 de Febreiro de 2019, alí deron a coñecer o noso ciclo ó alumnado dos distintos centros escolares da comarca e tamén a todos aqueles que viñeron visitar a Feira.

Galicia Skills 2018

 

O noso alumno Cristian González Rodríguez de 2º de Ciclo Medio participou este 28, 29 e 30 de Novembro nas Galicia Skills 2018 celebradas en Silleda, acompañado pola Xefa do departamento de Informática Lurdes Docampo Gómez. Estamos orgullosos pola súa coraxe e actuación, competindo co mellorciño de Galicia.

 

Programa Erasmus+

Marta, profesora do departamento de Informática, tivo a oportunidade de viaxar a Malta como profesora visitante no programa Erasmus+. Durante cinco días visitou as aulas do instituto Giovanni Curmi Higher Secondary School, en Naxxar, centro público no que se imparten cursos equivalentes ao noso Bacharelato. Nesta estadía asistiu a clases de Tecnoloxías da Información e de Computación, comprobando as diferenzas lingüísticas, culturais e pedagóxicas entre ambos países. Tamén tivo a oportunidade de asistir ás clases de español e falar cos alumnos sobre Galicia, a súa cultura, lingua propia, música e danza. A experiencia foi moi enriquecedora, tendo a oportinidade de intercambiar opinións sobre educación e cultura en ambos países co profesorado co que estivo en contacto.
Ademais, aproveitou esta viaxe para facer un seguemento do alumno de Ciclo Medio que está levando a cabo neste país as súas prácticas en empresas e entrevistarse coa empresa intermediaria que xestionou esta estadía.
Distribuir contido


by Dr. Radut