Novas destacadas
Club de Ciencia
O noso centro foi seleccionado para participar no programa de innovación educativa "Club de Ciencia" da Consellería de Educación da Xunta de Galicia. O club de Ciencia do IES Monte da Vila conta coa participación de 6 docentes e de case 20 estudantes da ESO, a maioría mulleres.
O obxeto de investigacion deste curso será o mar.
Estamos a despertar a nosa curiosidade, a sorprendernos, a aprender moito e a pasalo moi ben como podes comprobar na Sección do Club de Ciencia do Blog da Biblioteca.
Velaí algúns vídeos das primeiras sesións.
Resolución provisional fondo libros 2019/2020
Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar
Publícanse as relacións provisionais de admitidos no fondo solidario de libros de texto e das axudas para a adquisición de material escolar.
Libros de texto Curso 2019/2020
A listaxe de libros de texto para o curso 2019-2020 atópase dispoñible no seguinte arquivo.
Avaliación extraordinaria do curso 2018-2019: Convocatoria de setembro.
- Os exames serán os días 2 e 3 de setembro.
- As cualificacións entregaranse o día 5 de setembro as 10:00h.
- A matrícula será os días 5 e 6 de setembro.
- Non haberá transporte escolar ata o comezo das clases.
Tódolos detalles de horarios de exames e turnos de matrícula según curso poden consuntarse no seguinte arquivo de 3 páxinas.
ADMISIÓN CICLOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR, CONVOCATORIA 2019-2020
- INSTRUCIÓNS SOBRE COMO REALIZAR A SOLICITUDE WEB e INSTRUCIÓN XERAL DO PROCESO DE ADMISIÓN.
- PRAZO: DO 24 DE XUÑO AO 2 E XULLO ÁS 13:OO HORAS.
MODALIDADES DE BACHARELATO PREFERENTES E MATERIAS VINCULADAS PARA O ACCESO A CICLOS DE GRAO SUPERIOR (ACTUALIZADO 18/06/2019) CONSULTA NA SEGUINTE LIGAZÓN:
http://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/8214
(Dende a páxina 5 ata páxina 8.)
Fondo de Libros Curso 2019/2020
FONDO LIBROS/AXUDAS ADQUISICIÓN MATERIAL CURSO 2019/2020
Orde do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO e se convocan axudas para adquirir libros de texto e MATERIAL ESCOLAR destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2019/2020. (DOG, 20 MAIO 2019)
PRAZO PARA PRESENTAR SOLICITUDES: dende o 21 de maio ao dia 21 de xuño de 2019 (ambos os dous incluídos).
PODEN SOLICITAR:
- FONDO SOLIDARIO DE LIBROS: para os que se matriculen en 1º, 2º, 3º e 4º da ESO no curso 2019/20
- MATERIAL ESCOLAR (CHEQUE): para os que se matriculen en 1º, 2º, 3º e 4º da ESO no curso 2019/20.
O alumnado que obtivese praza noutro centro, deberá presentar a solicitude nese.
O alumnado que repita 4º da ESO no curso 2019/20, cando non tivese presentado solicitude de axuda para adquirir libros de texto e material escolar no prazo indicado, tamén poderá presentala no prazo dun (1) mes desde a formalización da matrícula.
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR PARA SOLICITAR O FONDO SOL. DE LIBROS E/OU A AXUDA DE MATERIAL:
- SOLICITUDE (ANEXO I)
- Comprobación de datos dos membros computables (ANEXO II)
- COPIA DO LIBRO DE FAMILIA (Se reflicte a situación real a 31/12/2017)... se non fose así poderán achegar , entre outros: algún dos seguintes documentos:
- Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
- Certificado ou volante de convivencia.
- Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
- Certificado do grao de discapacidade de calquera membro da familia recoñecido por un órgano que NON pertenza á xunta de Galicia.
- Só de ser o caso, documentación xustificativa de violencia de xénero.
- Só no caso de incapacitación xudicicial con patria potestade prorrogada ou rehabilitada acreditarase coa correspondente resolución xudicial.
(DEBERÁ traer tamén os orixinais para poder comprobar a súa autenticidade)
As solicitudes presentaránse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal)
Opcionalmente poderán presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou nos rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. A solicitude estará dispoñible nas oficinas do centro; no portal educativo, enderezo http://www.edu.xunta.gal, entre outras....
NOTA: LEMBRÁMOSLLES A OBRIGA DE DEVOLUCIÓN DOS LIBROS dos beneficiarios de axudas no curso 2018/19, tanto de fondo como os adquiridos con vale. De non ser así será causa de exclusión para esta convocatoria, e a Consellería iniciará un expediente de reintegro da axuda concedida. DEVOLVERÁNSE aos titores entre os días 17 e 21 de xuño, en coordinación coa vicedirección do centro para o correcto rexistro da súa entrega.
Calendario de fin de curso do Ciclo Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes
Calendario de fin de curso do Ciclo Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes
Preme no seguinte enlace para ver o calendario de fin de curso do Ciclo Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes.
Probas extraordinarias de 2º Bacharelato e materias pendentes de 1º de Bacharelato
Probas extraordinarias de 2º Bacharelato e materias pendentes de 1º de Bacharelato
Prema no seguinte enlace para ver o calendario de xuño de probas extraordinarias de 2º Bacharelato e materias pendentes de 1º de Bacharelato.
Reclamacións das cualificacións de 2º de bacharelato. Curso 2018/2019
RECLAMACIÓN DE 2º BACH – MAIO (Convocatoria ordinaria)
- Reclamación no centro: 22 e 23 de maio de 2019 (ata as 14h).
- Entrega ao alumnado da resolución: ás 14h do 24 de maio.
- Reclamación ante a comisión de supervisión: antes das 18h do 27 de maio.
RECLAMACIÓN DE 2º BACH – XUÑO (Convocatoria extraordinaria)
- Reclamación no centro: 25 e 26 de xuño de 2019 (ata as 14h).
- Entrega ao alumnado da resolución: ás 12h do 27 de xuño.
- Reclamación ante a comisión de supervisión: antes das 14:00h do 27 de xuño.
Enlace á Circular e Orde que as regula
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »