Fondo de Libros Curso 2019/2020

FONDO LIBROS/AXUDAS ADQUISICIÓN MATERIAL CURSO 2019/2020

Orde do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO e se convocan axudas para adquirir libros de texto e MATERIAL ESCOLAR destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2019/2020. (DOG, 20 MAIO 2019)


PRAZO PARA PRESENTAR SOLICITUDES: dende o 21 de maio ao dia 21 de xuño de 2019 (ambos os dous incluídos).


PODEN SOLICITAR:

  • FONDO SOLIDARIO DE LIBROS: para os que se matriculen en 1º, 2º, 3º e 4º da ESO no curso 2019/20
  • MATERIAL ESCOLAR (CHEQUE): para os que se matriculen en 1º, 2º, 3º e 4º da ESO no curso 2019/20.

O alumnado que obtivese praza noutro centro, deberá presentar a solicitude nese.


O alumnado que repita 4º da ESO no curso 2019/20, cando non tivese presentado solicitude de axuda para adquirir libros de texto e material escolar no prazo indicado, tamén poderá presentala no prazo dun (1) mes desde a formalización da matrícula.


DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR PARA SOLICITAR O FONDO SOL. DE LIBROS E/OU A AXUDA DE MATERIAL: 

  • SOLICITUDE (ANEXO I)
  • Comprobación de datos dos membros computables (ANEXO II)
  • COPIA DO LIBRO DE FAMILIA (Se reflicte a situación real a 31/12/2017)... se non fose así poderán achegar , entre outros: algún dos seguintes documentos:
  1. Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
  2. Certificado ou volante de convivencia.
  3. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
  • Certificado do grao de discapacidade de calquera membro da familia recoñecido por un órgano que NON pertenza á xunta de Galicia.
  • Só de ser o caso, documentación xustificativa de violencia de xénero.
  • Só no caso de incapacitación xudicicial con patria potestade prorrogada ou rehabilitada acreditarase coa correspondente resolución xudicial.

(DEBERÁ traer tamén os orixinais para poder comprobar a súa autenticidade)


As solicitudes presentaránse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal)


Opcionalmente poderán presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou nos rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. A solicitude estará dispoñible nas oficinas do centro; no portal educativo, enderezo http://www.edu.xunta.gal, entre outras....


NOTA: LEMBRÁMOSLLES A OBRIGA DE DEVOLUCIÓN DOS LIBROS dos beneficiarios de axudas no curso 2018/19, tanto de fondo como os adquiridos con vale. De non ser así será causa de exclusión para esta convocatoria, e a Consellería iniciará un expediente de reintegro da axuda concedida. DEVOLVERÁNSE aos titores entre os días 17 e 21 de xuño, en coordinación coa vicedirección do centro para o correcto rexistro da súa entrega.