Novas destacadas
Calendario de matrícula e exames de setembro
O período de matrícula para o alumnado da ESO e Bacharelato que aprobou o curso 2015-2016 é do 27 de xuño ao 10 de xullo.
O alumnado que pretenda solicitar a matrícula en FP deberá facelo na aplicación da Consellería ciclosadmisión.
O calendario de matrícula de setembro, así coma o das probas extraordinarias está dispoñible na seguinte ligazón e permanecerá exposto nos taboleiros do centro.
Graduación 2º de bacharelato – Curso 2015/2016
O pasado sábado 18 celebramos a graduación do noso alumnado de segundo de bacharelato.
Noraboa a todos e moita sorte!
Os resultados de Selectividade
Acodiron á proba 20 alumnos e alumnas, cun 100% de aprobados. Cabe dicir tamén que a nota media na fase xeral foi de 7,6 e que un 25% do alumnado obtivo nesta fase unha nota igual ou superior a 9. Ademais, o alumno Francisco Prol Lucio obtivo a segunda mellor nota de toda Galicia, sacando 10 en todas as materias salvo dúas (9,75 e 9,5).
Cremos que estes resultados son dignos de mención e nós, como profesorado, estamos moi satisfeitos do esforzo e traballo do noso alumnado ao longo do curso e, concretamente, nestas probas de acceso á universidade.
Fondo solidario de libros de texto e convocatoria de axudas
O pasado luns 16 de maio publicouse a orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar (DOG do 16 de maio coa convocatoria).
O prazo para pedir as axudas remata o 23 de xuño!
Prematrícula Curso 2016/17 - Información
Podedes consultar a seguinte información por curso:
a) Impreso de prematrícula: todas as materias a escoller. Enlace en PDF.
b) Información facilitada polos departamentos sobre determinadas materias. Enlace a cada unha delas.
Listaxe Bolsas de Estudio 2015/2016
Adxúntase PDF coas Bolsas de Estudios 2015/2016
Listaxes do alumnado admitido curso 2016/2017
Adxúntase PDF cos datos relativos ao alumnado admitido para o curso 2016/2017.
Visita ao centro arqueolóxico de Neixón
O día 26 de novembro o alumnado de 1º ESO visitou o complexo arqueolóxico de Neixón, no concello de Boiro. O Departamento de Historia organizou a actividade para que os rapaces e rapazas estudasen, sobre o terreo, a tres manifestacións culturais que dominan a Prehistoria galega: o Megalistismo da época Neolítica, a arte rupestre da Idade do Bronce, e a cultura castrexa da Idade do Ferro.
Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a muller
Cada 25 de novembro conmemórase o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a muller. O pasado 24 de novembro, o Concello do Grove organizou no instituto uns obradoiros nos que participou todo o alumnado de 2º da ESO. Deses obradoiros saíron traballos moi interesantes que foron presentados e expostos no Concello ao día seguinte.
Magosto 2015 no Monte da Vila
O pasado 13 de novembro celebramos o Magosto. Ademais da xa habitual degustación de castañas puidemos contar este ano cun extenso conxunto de xogos populares. A ANPA ofreceunos castañas, bebidas e pais e nais que axudaron no seu reparto, a panadería Chaves colaborou cos seus fornos para asar as castañas e Cándido Mascato cedeu os xogos populares do Grove por uns días ao instituto.Tivemos sorte e o tempo acompañounos, o que contribuíu a que tanto profesores como alumnos se animasen a practicar e demostrar a súa destreza cos xogos populares.
COMEZO DO CURSO ACADÉMICO 2015/2016
De interese para toda a comunidade educativa
A Dirección do IES Monte da Vila comunica que o martes 15 de setembro, primeiro día do curso, seguirá o horario xeral do centro.
Polo tanto, as actividades lectivas comezarán ás 8:45 h. e rematarán ás 14:25 h.
O servizo de transporte escolar fará as rutas habituais.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- seguinte ›
- última »