Novas destacadas
Campionato Xogade de Campo a Través (2021-2022)
O xoves 18 de novembro o alumnado de 1º e 2º ESO participou no Campionato Xogade Campo a Través 2021-2022, celebrado en Baltar (Portonovo). A actividade foi organizada polo Departamento de Educación Física.
Ás 9:15 da mañá saíron do centro os alumnos e alumnas de 2º de ESO e ás 9:25 os de 1º cara o autobús para achegarmos a Portonovo, lugar da realización da carreira.
Trala entrega de dorsais e un pequeno quecemento, realizouse a carreira na contorna de Baltar cunha distancia de 1.300 metros e un terreo con moitos desniveis e curvas no seu trazado. A duración de cada proba foi de arredor duns 12 minutos ata que chegaron os últimos corredores e corredoras, cansos pero con moi boas sensacións.
Valórase como unha experiencia moi satisfactoria de actividade física en grupo, de valor cara o atletismo, loitando contra o sedentarismo e fomentando a igualdade de xénero e co obxectivo específico de facer que os nosos estudantes aprendan a correr a ritmo, a dosificar os esforzos e a gran importancia de ter unha boa base aeróbica e resistencia.
Despois de correr, voltamos á carpa habilitada para cambiarse, hidratarse e recuperar forzas cun avituallamento antes de regresar ó instituto, chegando ás 11:00 os grupos de 2º de ESO e ás 11:10 os grupos de 1º.
alumnado de 2º ESO chegando á meta
alumnado de 2º ESO chegando á meta
alumnado de 2º ESO chegando á meta
REPARTO DE MÁSCARAS AO ALUMNADO
REPARTO DE MÁSCARAS AO ALUMNADO
Segundo a Orde do 28 de outubro de 2021 procederemos dende o colexio ao reparto de máscaras entre o alumnado matriculado no centro
ALUMNADO DESTINATARIO QUE NON DEBE PRESENTAR SOLICITUDE
Alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022.
ALUMNADO DESTINATARIO QUE SI DEBE PRESENTAR SOLICITUDE
O alumnado que cumpra algunha das seguintes condicións:
* Pertencer a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000€
* Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.
SOLICITUDE (só para o alumnado non beneficiario da axuda de material escolar):
* Descargar a solicitude en ODT ou PDF ou recollela no centro.
* Entregar a solicitude no centro escolar.
* Prazo: do 15 ao 26 de novembro de 2021
25N: DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER
25N: DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER
Obradoiro de estampación de camisetas para alumnado da ESO
Organizado polo CONCELLO DO GROVE
Venres 19 a cargo da empresa Vella Escola, 25 prazas
Á hora da inscrición piden que cada participante lle adiante o texto ou a imaxe que quere estampar.
Esta actividade está organizada polos CIM, Normalización linguística e pola OMIXI, lugar este onde se recolllen as inscricións ata completar prazas (OMIX, Casa do Concello, 2º andar. 986730609. omix@concellodogrove.es).
ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR (2021-2022). CALENDARIO
O documento con toda a información pódelo descargar aquí.
INFORMACIÓN COMEZO DE CURSO 2021-2022
Admisión a ciclos formativos. Ciclos e módulos formativos con prazas dispoñibles (ciclos liberados)
Ábrese o prazo de matrícula en ciclos e módulos de formación profesional con prazas dispoñibles desde o día 21 de xullo ás 9:00 horas ata o día 26 de xullo ás 13:00 horas. Abrírase un novo período de matriculación tras a publicación da 2ª adxudicación ordinaria.
Para matricularse nun ciclo con prazas libres a única condición é cumprir os requisitos de acceso para as ensinanzas correspondentes.
As persoas interesadas deberán formalizar a matrícula no centro educativo no que o ciclo formativo teña prazas dispoñibles. A matrícula realizarase por orde de chegada.
No ciclo medio que se imparte no noso centro - Sistemas Microinformáticos e Redes - quedan dispoñibles 3 prazas.
Toda a información en: www.edu.xunta.es/fp
Recollida de vales de material escolar
Xa están dispoñibles na secretaría do centro os vales de material escolar para o vindeiro curso 2021/2022.
A listaxe das axudas concedidas e denegadas está dispoñible no taboleiro da secretaría.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »