Novas destacadas

Charla sobre trasplantes e doazón de órganos (3º ESO)

Alumnado de 3º ESO escoitando atentamente

A última semana de setembro, o Departamento de Bioloxía e Xeoloxía organizou unha charla sobre trasplantes e doazón de órganos para o alumnado de Bioloxía de 3º da ESO. Marta, enfermeira da Organización Nacional de Trasplantes, acudiu ao centro con Dolores, unha paciente trasplantada que relatou a súa experiencia persoal. Durante dúas sesións explicáronlle ao alumnado o funcionamento do proceso, conseguindo conciencialo e sensibilizalo ante un tema tan importante:

O 30 de setembro ás 09:35 acompañounos na clase de Bioloxía e Xeoloxía, da man da profesora Aránzazu Fernández Rodríguez, a Organización Nacional de Trasplantes. Concretamente estivemos cunha enfermeira chamada Marta, a cal explicounos a importancia dos trasplantes e de ser doantes, dando así unha nova vida a outras persoas. Contounos como ser doante en vida, que órganos doar e como é o proceso dende que unha persoa doa un órgano ata que outra o recibe.

Tamés nos acompañou este día Dolores, que foi transplantada do fígado fai moitos anos e grazas a iso está aquí con nós. Aprendimos moitas cousas gracias a elas.

Eu vou a doar. E ti, anímaste?

Aitana García Martínez (3ºESO-B)

 

Listaxe Libros de texto. Curso 2022/23

A listaxe de libros de texto para o curso 2022-2023 atópase dispoñible no seguinte arquivo.

Listaxe provisional de vales de material para o curso 22/23

Xa están publicadas no taboleiro de anuncios do centro, as listaxes provisionais de axudas para a adquisición de material escolar para o vindeiro curso 2022/23

O GROVE CON ORGULLO

 A Concellaría de Igualdade programa a través do Centro de Información ás Mulleres unha serie de actos culturais en torno ao día do orgullo LGTBIQA.

 

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2022 (AXUDASLE 2022)

Infórmase da publicación da listaxe de adxudicación definitiva de alumnado seleccionado e suplente en relación ás Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2022 (AXUDASLE 2022).

Pódese consultar toda a información na ligazón: https://www.edu.xunta.gal/axudasle/

 

INFORMACIÓN SOBRE EDIXGAL E OS LIBROS DE TEXTO - CURSO 2022/23

 
O IES Monte da Vila está adherido ao programa EDIXGAL da Xunta de Galicia, polo que se implanta o libro dixital nos centros educativos. Isto significa que:
 
1. O alumnado da ESO conta cun portátil individual durante todo o curso académico. Con esta ferramenta accederá aos libros en formato dixital das diferentes materias.
 
2. O profesorado das diferentes materias da ESO empregará preferentemente o libro de texto en formato dixital (EDIXGAL). De forma paralela, poderase utilizar o libro de texto en formato físico, xunto con outros materiais didácticos complementarios. Correspóndelles aos departamentos didácticos facilitar o acceso a estes materiais. Mercar os libros de texto en formato físico non será en ningún caso obrigatorio para o alumnado.
 
3. O programa EDIXGAL é incompatible con FONDOLIBROS. Ao estar dotado todo o alumnado da ESO dotado de ordenador e libro dixital e nn ser obrigatorio o libro en formato físico, non se poderá solicitar  a axuda de FONDOLIBROS (Axudas para a adquisición de libros de texto en formato físico). Si se poderán solicitar as Axudas para a adquisición de material escolar (50€).

DEVOLUCIÓN DE LIBROS DE TEXTO (do centro e da ANPA)

O alumnado que tivera libros de texto en préstamo durante este curso deberá devolvelos o luns 27 de xuño, día da entrega de cualificacións.

  1. Libros de texto prestados polos departamentos didácticos do centro: deixaranse na aula de referencia no momento de recoller os boletíns de cualificacións.
  2. Libros de texto prestados pola ANPA: deixaranse na Aula de Convivencia, onde os recollerá a ANPA de 10:00 a 11:30 h.

 

Distribuir contido