Novas

Visita ao Instituto Galego de Estatística

O mércores 19 de abril o alumnado de 4º de ESO e de 1º de Bacharelato que cursan a materia de Economía visitaron as instalacións de IGE en Santiago de Compostela.

 

Inicialmente puidemos comprobar como funciona o sistema estatístico en Galicia, despois como se realiza unha enquisa da EPA vía telefónica e finalmente practicamos co portal educativo do IGE para analizar os datos do mercado laboral en Galicia e as tres vías de estimación do PIB.

 

 

 

Galería de imaxes

O Monte da Vila na Final do YBT 2017

Dous equipos do instituto conseguiron clasificarse para a final do Young Business Talents, un torneo internacional de xestión de empresas.

 

Dos case 3.000 equipos de toda España que comezaron a competición a principios de novembro, so 100 conseguiron unha praza para a final que se celebrará o próximo venres 31 de marzo en Madrid. Entre esos cen finalistas está o equipo CDS, composto por tres alumnos: Imanol Blanco, Eduardo Da Silva e Manuel Vidal, de 2º de bacharelato do IES Monte da Vila, que cursan a materia de Fundamentos de Administración e Xestión. Outro dos equipos do IES Monte da Vila clasificado para a final é o NOVEO17, integrado por Julia Devesa, Martín Padín, Carla Rey e Anxo Soutullo, todos eles estudantes de Economía en 1º de bacharelato.

 

Na Final, que tivo lugar o pasado 25 de marzo, os nosos equipos conseguiron moi bos resultados. Tanto o equipo NOVEO17 como CDS gañaron a súa simulación, cada simulación está composta por un grupo de cinco dos cen mellores equipos de España. Ademáis o equipo CDS quedou clasificado na cuarta posición dos total dos cen equipos participantes na final.

Máis información sobre o torneo:

 

Web do YBT

 

Final YBT2017 ... analizar, planificar, ejecutar y controlar

 

Galera de imaxes

 

 

 

Sotavento

Os alummos de 3º de ESO participaron nunha saída ao Parque Eólico de Sotavento (Lugo) realizada polo Departamento de Tecnoloxía na que puideron familiarzarse coas intalacións ampliando os seus coñecementos sobre a enerxía eólica e fomentando a reflexión dun uso resposable e eficiente dos recursos enerxéticos en particular e dos problemas ambientais en xeral.

 

 

 

Galería de imaxes

 

 

Entroido 2017

O 24 de febrero celebrouse o Entroido no IES Monte da Vila. Alumnos e profesores participaron en diferentes comparsas. Os alumnos puideron participar no concurso quedando como gañadores no primeiro ciclo da ESO unha comparsa de 2º de ESO que integraba alumnos de diversas clases. Recibiron una Mención de Honor os alumnos de 2º ESO A1 polo traballo realizado na composición da letra e pola participación do todo o grupo na súa elaboración.

 

En Bacharelato gañaron dúas comparsas compostas por alumnos de 1º BAC A e B, nuha pola música en directo a outra polo conxunto, posta en escena e disfraces.

 

Diploma 2º ESO

 

Diploma 1º Bach              

 

 

 

 

Galería de imaxes

Semana Cultural Monte de Experiencias do 24 ao 28 de abril de 2017

 

Esta semana estamos a celebrar a Semana Cultural Monte de Experiencias.

 

Clicando na seguinte imaxe podedes consultar o programa

 

Saída á Coruña

 

O pasado 9 de febrero de 2017 os alumnos de 4º ESO e 1º BAC da materia de Deduxo Artístico I e Volume foron Á Coruña para practicar patinaxe sobre xeo. Tamén poideron realizar unha visita guiada ás exposicións temporais do Museo de Arte Contemporánea (MAC): O dobre da mitade de Rubén Ramos Balsa e Traballo absoluto de Juan Luis Moraza. Finalmente, os alumnos disfrutaron dun obradoiro sobre imaxe 3D, no que fixeron unha aproximación práctica á cuestión da imaxe estereoscópica dende unha dobre perspectiva: biolóxica (anatomía e utilidade da visión en relieve) e tecnolóxica (funcionamento e aplicacións para simular este efecto).

Enlace a páxina Museo MAC

 

Enlace a galería fotos

 

 

 

 

Enquisas a clientes potenciais

 

O mércores 1 de febreiro, os alumnos de cuarto de ESO que cursan a materia Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial, saíron á rúa para realizar enquisas aos seus potenciais clientes. Están a desenvolver unha aplicación móbil para axudar a aforrar aos consumidores na súa compra diaria nos supermercados da contorna.

 

 

Actividades do Departamento de Electrónica

O Departamento de Electrónica  realizou diferentes actividades co alumnado do ciclo.

 

24/10/16

 

Práctica para o grupo de segundo  da unidade Infraestructura de redes locais de datos. O obxectivo da actividade é que os alumnos vexan os distintos equipos de redes e cableado dos mesmos dentro do armario. Posteriormente fan o análise da colocación dos equipos, consumo, estética, normas, etc. Finalmente propoñerán una distribución mellorada (se é posible).

 

04/11/16

 

Práctica para o grupo de primeiro da unidade A xestión da prevención. O alumnado durante esta actividade fai un estudo do plan de autoprotección do centro para aprender oas pasos a seguir na hora de realizar una evacuación.

 

08/11/16

 

Práctica para o grupo de primeiro da unidade A xestión da prevención. Durante aactividade os alumnos estudaron o plan de autoprotección do centro e elementos de seguridade como extintores, mangueiras, botiquín, etc, así como a súa localización e indicación nos planos, caducidade, etc. 

Actividades fin de trimestre do 21 de decembro de 2016

 

Durante as dúas últimas horas do 21 de decembro suspendéronse as clases para que o alumnado participara nas seguintes actividades e obradoiros:

 

  • Torneo de fútbol e birilé.

  • Karaoke

  • Obradoiro de papiroflexia

  • Obradoiro de pintura en camisetas

  • Xogos populares

  • Contacontos

 

Galería de imaxes 

 

 

 

Le Petit Prince no Teatro Principal de Pontevedra

 

Os alumnos que cursan a materia de Francés no IES Monte da Vila disfrutaron o día 22 de novembro da representación da obra teatral Le Petit Prince no Teatro Principal de Pontevedra da man da compañía Eina da Escola.

Ademais, os alumnos de 4º de ESO divertíronse nunha actividade de estratexia e coordinación grupal onde, seguindo probas e instrucións, os participantes teñen que buscar a saída dun espazo concreto, coñecido como Scape Room e foi realizada empregando como lingua o francés.

Distribuir contido