Novas
SAMAÍN 2024
O mércores 30 de outubro celebramos o Samaín con curtas de terror, xogos, concursos de disfraces e de decoración de aulas e cabazas. As alumnas do bacharelato de artes decoraron parte do centro e coordinaron os xogos e as curtas de terror. A continuación móstranse aos gañadores e ao resto de participantes:
Gañador porta de aula: 2ºESO B
PREMIO: ALMORZO NA CAFETERÍA
Gañador cabaza de aula: 1º ESO B
PREMIO: ALMORZO NA CAFETERÍA
Gañadora disfraz: Mariajosé Ramírez
PREMIO: VALE DE 20€ PARA COMPRAR NO COMERCIO LOCAL DO GROVE
RESTO DE PARTICIPANTES:
COLABORADORAS, DECORACIÓN E XOGOS:
O alumnado de Informática descubre como crear campañas publicitarias en Redes Sociais.
O pasado mércores 30 de outubro, o alumnado de ciclos formativos da familia de Informática do IES Monte da Vila participou nunha enriquecedora ponencia impartida por Fernando Rodríguez, Director da axencia galega "Con C de Comunicación".
Baixo o título "Como crear campañas publicitarias en Redes Sociais", Fernando explorou os pasos esenciais para deseñar e executar campañas publicitarias nas principais plataformas.
Durante a charla, Fernando destacou a importancia de seleccionar o público axeitado e a plataforma ideal para cada campaña, así coma os momentos de maior alcance, aspectos clave para maximizar a efectividade das accións publicitarias. O alumnado amosouse moi participativo, formulando preguntas interesantes que enriqueceron aínda máis a sesión.
Esta actividade, enmarcada no proxecto das aulas de emprendemento, proporcionoulles aos estudantes coñecementos prácticos sobre técnicas de segmentación, creación de contidos e optimización de campañas, ofrecendo ferramentas valiosas para proxectos reais. Esta iniciativa reflicte o compromiso do IES Monte da Vila en conectar o alumnado con profesionais do sector e ofrecer unha formación actualizada e orientada ao mundo laboral.
Visita ao CGIFP Eduardo Barreiros (Centro Galego da Innovación da Formación Profesional)
O pasado xoves día 10 de outubro, o alumnado da FP Básica de Informática de Oficina e do Ciclo Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes do IES Monte da Vila realizou unha visita ao CGIFP Eduardo Barreiros (Centro Galego da Innovación da Formación Profesional), en Ourense.
Este centro conta con instalacións e equipos de última xeración, permitindo levar os proxectos e ideas dos centros educativos a outro nivel.
Durante a visita que se programou dentro do contexto das "Aulas de emprendemento", o alumnado recibiu explicacións sobre diferentes áreas tecnolóxicas de gran relevancia:
- Laboratorio de biotecnoloxía: Explicáronnos algúns avances no ámbito da biotecnoloxía.
- Laboratorio de industria 5.0: Observamos como funcionan maquetas industriais baseadas en tecnoloxías de última xeración.
- Fabricación aditiva: Coñecemos o funcionamento de diferentes impresoras 3D e dos escáneres 3D.
- Enerxía e auga: Explicáronnos algúns proxectos referentes a coches eléctricos e híbridos, como a creación de pinturas que optimizan o consumo dos mesmos.
- Sala inmersiva: Tivemos a oportunidade de asistir a unha proxección de vídeo en 270º, unha experiencia única e envolvente.
- Sala de metaverso: O alumnado puido probar as lentes de realidade virtual e ver de primeira man as posibilidades do metaverso.
Instrucións do comezo do curso
HORARIO DE SAÍDAS DENDE AS PARADAS DO TRANSPORTE ESCOLAR
· RUTA SAN VICENTE:
HORA DE SAÍDA: 08:20 H. (Balea – Reboredo – Estonllo –
Campos – Meloxo – Carballeira – IES Monte da Vila).
· RUTA TERRA DE PORTO:
HORA DE SAÍDA: 8:30 H. (Terra de Porto – IES Monte da Vila)
· O CON – PORTO DE MELOXO:
HORA DE SAÍDA: 08:05 H. (O Con – Boibas – Virxe das Mareas
– Porto de Meloxo – IES Monte da Vila)
PROFESORADO DE NOVA INCORPORACIÓN 2024/2025
Aquel profesorado que obtivo vacante no CADP definitivo que envíe un correo electrónico á dirección do centro para facilitarlle a súa incorporación.
ies.monte.vila@edu.xunta.gal
Calendario de matrículas curso 2024-2025
Calendario matrícula xuño - xullo 2024 | |
26 de xuño | 2º BACHARELATO |
27 de xuño | 1º BACHARELATO |
28 de xuño | 1º ESO |
1 de xullo | 2º ESO |
2 de xullo | 3º ESO |
3 de xullo | 4º ESO |
Oferta de FP. Curso 2024/2025
As ensinanzas de formación profesional están organizadas en ciclos formativos básicos, medios, superiores e cursos de especialización.
Para realizar estudos nos centros docentes sostidos con fondos públicos é necesario, ademais de cumprir os requisitos de acceso, participar nun proceso de admisión.
Este proceso establece un sistema de prioridades na adxudicación de prazas para cada centro educativo e para cada ciclo formativo ou curso de especialización (e, de ser o caso, de cada módulo profesional), así como os prazos de presentación de solicitudes e de formalización da matrícula.
A normativa reguladora do proceso de admisión pode consultarse na seguinte ligazón:
https://www.edu.xunta.gal/fp/admision-ensinanzas-fp
Para máis información podes consultar:
XOGOS TRADICIONAIS 2024
Dentro do programa XOGADE (Proxecta 2023/2024) acudimos áo campo de billarda de Nantes con alumnado de 2º ESO para coñecer os xogos tradicionais galegos. A actividade estaba moi ben organizada para que todos e todas participaran. Fixéronse oito equipos e diferentes estacións para xogar á chave, billarda, bolos celtas e petanca. Foi unha mañá moi tranquila e sen incidencias. O alumnado desfrutou.