Visita ao CGIFP Eduardo Barreiros (Centro Galego da Innovación da Formación Profesional)

O pasado xoves día 10 de outubro, o alumnado da FP Básica de Informática de Oficina e do Ciclo Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes do IES Monte da Vila realizou unha visita ao CGIFP Eduardo Barreiros (Centro Galego da Innovación da Formación Profesional), en Ourense.

Este centro conta con instalacións e equipos de última xeración, permitindo levar os proxectos e ideas dos centros educativos a outro nivel.

Durante a visita que se programou dentro do contexto das "Aulas de emprendemento", o alumnado recibiu explicacións sobre diferentes áreas tecnolóxicas de gran relevancia:

  • Laboratorio de biotecnoloxía: Explicáronnos algúns avances no ámbito da biotecnoloxía.
  • Laboratorio de industria 5.0: Observamos como funcionan maquetas industriais baseadas en tecnoloxías de última xeración.
  • Fabricación aditiva: Coñecemos o funcionamento de diferentes impresoras 3D e dos escáneres 3D.
  • Enerxía e auga: Explicáronnos algúns proxectos referentes a coches eléctricos e híbridos, como a creación de pinturas que optimizan o consumo dos mesmos.
  • Sala inmersiva: Tivemos a oportunidade de asistir a unha proxección de vídeo en 270º, unha experiencia única e envolvente.
  • Sala de metaverso: O alumnado puido probar as lentes de realidade virtual e ver de primeira man as posibilidades do metaverso.

 

AdxuntoTamaño
IMG_3441-COLLAGE.jpg752.51 KB