Novas

Concerto de fin de curso

O venres 9 de xuño tivo lugar o concerto de fin de curso do noso instituto, no Auditorio do Grove. A actividade foi organizada polo Departamento de Música, que coa colaboración e axuda inestimable do profesor Iago Alvite (Departamento de Educación Física).

Alumnado de 2º ESO

 

Alumnado de 3º ESO

 

 

O alumnado de Música interpretou o seguinte repertorio baixo a dirección da profesora María José Rodríguez Goberna:

-2º de ESO: “Over the Rainbow” da BSO “O mago de OZ” e  “Halellujah”

-O alumno Víctor Villa:  "Dusttale Megalovania"

-A alumna Antía Varela: "Bluebird" de Alex Frech.

-3º de ESO: A cantiga “Santa María Strela do Día” de Alfonso X, O Sabio.

-O noso invitado Pablo del Valle: A Sinfonía a 3 voces de J.S. Bach e “Abril” das estacións de Tchaikovsky

-1º de Bachalerato: “Yellow Submarine” de The Beatles, A  BSO do “Señor dos aneis”, “Demons” de Imagine Dragons, “City of Stars” da película La, la, land e “Viva la vida” de Coldplay.

-Os alumnos Aitana García, Hugo Otero, Nik Devesa e  Nerea Barral xunto co profesor Yago Alvite: “Where is my mind?" de Pixie e “Day Tripper” de The Beatles

 

 

Alumnado de 1º Bach., da materia Linguaxe e Práctica Musical

 

Nerea Barral, Nik Devesa, Hugo Otero, Aitana García e o profesor Iago Alvite.

 

Podedes volver desfrutar do concerto accedendo a este vídeo, realizado pola profesora María Saco e editado por Josebe Arrillaga (Depto. Debuxo).

Calendario de matrículas

Calendario matrícula Xullo 2023
3 de xullo 1º ESO
4 de xullo 2º ESO
5 de xullo 3º ESO
6 de xullo 4º ESO
7 de xullo 1º BACHARELATO
10 de xullo 2º BACHARELATO

Alumnos de SMR1 destacan nas Olimpíadas de Telecomunicación galegas

Un grupo de alumnos de SMR1 conseguiu un destacado recoñecemento nas Olimpíadas de Telecomunicación a nivel galego. A súa participación nesta competición resultou ser unha experiencia enriquecedora e inspiradora para eles.

 

Presentaron un proxecto innovador que empregaba a intelixencia artificial para identificar as etiquetas medioambientais dos vehículos. O obxectivo principal era contribuír á consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) establecidos na Axenda 2030.

 

Coa súa dedicación e traballo en equipo, estes estudantes desenvolveron un sistema de recoñecemento de imaxes que utilizaba algoritmos de aprendizaxe automática. Grazas a esta solución tecnolóxica, foi posible identificar de forma eficiente as etiquetas medioambientais dos coches, promovendo así a conciencia ecolóxica e a identificación de vehículos menos contaminantes.

 

A súa destacada actuación nesta competición galega é un testemuño claro do seu talento e compromiso coa ciencia e a tecnoloxía. Estes alumnos de SMR1 son un exemplo inspirador para a nova xeración, demostrando que a paixón e o esforzo poden levar a logros sorprendentes.

 

Parabéns aos estudantes de SMR1 pola súa destacada participación nas Olimpíadas de Telecomunicación galegas. Estamos seguros de que o seu éxito continuará impulsándoos a buscar solucións innovadoras que contribúan ao desenvolvemento sustentable e ao progreso da nosa sociedade.

 

 

Pasapalabra "O Monte vivo" (1º ESO)


-A: comeza pola A: avaliación. Tras a visita o pasado día 8 de maio á base aérea do Campiño por parte do alumnado de 1º ESO, tocaba avaliar os coñecementos adquiridos por parte dos participantes, tanto nesta actividade como nas restantes relacionadas co programa “O monte vivo”.

-B: comeza pola B: biblioteca. Josebe, como coordinadora da Biblioteca do IES Monte da Vila, conseguiu involucrar, tanto ao alumnado máis novo, de 1º ESO, como aos “veteranos “ de 2º Bacharelato presentes, demostrando que é posible a cooperación interxeracional,

-C: comeza pola C: os participantes organizáronse en dous grupos, “pilotados” por cadanseu voceiro, e foron respondendo ás preguntas do “rosco” correspondente, relativas a monte e incendios. Os equipos tiñan como mascota un peixe e unha ra, segundo o debuxo que aparecía en cada “rosco”.

-D: comeza pola D: demostración: o alumnado demostrou ter asimilado moitos contidos sobre a materia, facendo vibrar coas súas respostas ao profesorado presente, de diferentes departamentos.

-E: comeza pola E: entrega: tras un tempo de lecer cheo de entretemento, procedeuse á entrega do premio ao equipo cuxo voceiro foi Jose Carlos Caneda, quen xa tivera un papel protagonista na excursión ao Campiño. O agasallo recibido foi, precisamente, un dos dous enormes libros que nos entregaron alí, con fotografías sobre as paisaxes galegas que son a envexa doutras rexións, e que tanto debemos coidar.

-F: comeza por F: final. Esta é a actividade final no marco do Plan Proxecta+ “ O Monte vivo”, na que participamos os departamentos de Matemáticas, Xeografía e Historia e Música; neste caso en coordinación coa biblioteca, e coa axuda do TIC do centro, Pablo Gallego.

Roteiro xeolóxico Montalvo-Lanzada (4º ESO)

 

O pasado 5 de maio o xeólogo Francisco Canosa guiou ao alumnado de 4º ESO por unha senda litoral dende a praia de Montalvo ata a Lanzada, parándonos a ver diferentes estruturas xeolóxicas de interese nas praias de Foxos ou Bascuas, entre outras.

 

Ademais, neste roteiro os estudantes puideron comparar as distintas rochas máis abundantes da zona de Sanxenxo e do Grove. 

No blog do noso guía podedes atopar máis información sobre esta xeorruta.

 

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar - Curso 2023/2024

Prazo de solicitude:     do 20/5/2023 a 21/6/2023, incluídos

Texto da convocatoria:   ORDE do 10 de maio de 2023 (DOG do 19 de maio)

Procedemento administrativo:     ED330B

 

 Forma de presentación:

  • Electrónica: utilice esta aplicación e presente solicitude na Sede Electrónica  (inicie premendo no icono de botón na esquina superior dereita da pantalla)

           NOTA: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos

  • Presencial con asistencia da aplicación : cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo (inicie premendo no icono de botón na esquina superior dereita da pantalla)
  • Presencial manual: utilice os Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria e presenteos no centro educativo

O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2023-2024, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2022-2023

 

Distribuir contido