Novas

CIMENTANDO IGUALDADE

OBRADOIRO DIRIXIDO ÁS FAMILIAS

 

Data: Martes 4 de decembro do 2018

Lugar: IES Monte da Vila. Aula de Audiovisuais

Horario: 16:30 a 19:30 horas

Dirixido a: Todas as familias do IES Monte da Vila

Relatores: TÉCNICOS  DO GABINETE DE PSICOLOXÍA A CARÓN

Apoian a iniciativa: AMPA, DIRECCIÓN, TITORÍAS E DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

 

As vosas fillas e fillos estiveron recibindo na hora de titoría, catro sesións cuxo obxectivo é profundizar nas relacións de respecto, e polo tanto, de trato igualitario entre mulleres e homes.

 

AGORA TÓCAVOS A VOS, PARTICIPADE!!

 

separador

PROXECTO ECOMECOS

Data: 23 e 24 de outubro

Alumnado: 1º, 2º e 3º da ESO, 1º e 2º de Formación Profesional Básica

Duración: Una sesión por grupo

Lugar: Aula de Usos Múltiples de Instituto

Tema: CONCIENCIA MEDIOAMBIENTAL/COIDADO DA CONTORNA

Relator: D. FRANCISCO MEIS (Técnico de Medio Ambiente do concello do GROVE)

CoordinaciónDIRECCIÓN, TITORÍAS E DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

ecomecos

 

 

 

ENQUISA DO USO DO GALEGO NO NOSO CENTRO

Está en marcha a enquisa do uso de galego no noso centro, pincha no enlace e cúbrea con calma, é importante!!

 

PROFES:https://goo.gl/forms/df2uI4wIIeUyoREi1

 

ALUMNADO:https://goo.gl/forms/LRnG97lkT4PwCF4p1

 

separador

Información a pendentes

INFORMACIÓN PARA O ALUMNADO CON MATERIAS PENDENTES DO CURSO ANTERIOR

Neste apartado da páxina web do centro xúntanse varios arquivos nos que o alumnado que teña algunha materia pendente pode atopar toda a información que lle resulte de interese para superar a/s materia/s pendente/s que teña.

De non existir arquivo e información concreta sobre o proceso de recuperación de materias pendentes dalgún Departamento, débese entender que ese Departamento non ten ningún alumno/a pendente ou que a información sobre o proceso de recuperación das súas materias pendentes lla propercione o profesor/a de referencia ao alumnado na propia aula (exemplo, caso do departamento de Música) por telo acordado dese xeito.

En calquera caso, dentro deste mesmo apartado da web publícaae tamén, xunto á información de cada Departamento sobre as materias pendentes, un calendario de exames oficiais para coñecemento do alumnado que se vexa afectado por este proceso de recuperación de materias. Asemade, na entrada do Centro no espazo destinado a Recuperación de Materias Pendentes tamén estará exposto este calendario oficial con todas as datas de exames para coñecemento público da Comunidade Educativa do IES Monte da Vila.

Pulsando neste vínculo accedes a información ás Familias e se pulsas en Departamentos, terás información das  actividades,  probas e exames de recuperación das materias.

 

 separador

Actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2018

En cumprimento do disposto no artigo 16.1 da Orde do 22 de xaneiro de 2018 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2018, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (DOG 07/02/2018) publícanse as seguintes listaxes:

 

·         Solicitudes coa documentación correcta – Anexo I

 

·         Solicitudes que precisan de emenda dalgún aspecto – Anexo II

 

·         Solicitudes excluidas – Anexo III:

 

a.       Fóra de prazo

 

b.       Non cumprir algún dos requisitos establecidos no artigo 3º da orde da convocatoria

 

separador

Orientación ás familias

         
         
    IGUALDADE DENDE PEQUENOS !    
         
    PAI  e NAI  sodes igual de necesarios no proceso educativo de vosos fillos    
         
    A VOSA COLABORACIÓN É IMPORTANTE !!    
         
    DPTO. DE ORIENTACIÓN    
         
         

CONFERENCIA SOBRE A FÍSICA NA MEDICIÑA

         
         
      O luns 29 de xaneiro, D. Luis López Losada, responsable da unidade de Radiofísica, xefe de servizo de protección radiolóxica do Complexo Hospitalario  Universitario de Ourense e actual vicepresidente da Asociación Galega de Física Médica, impartiu unha conferencia ó alumnado de cuarto da ESO, primeiro e segundo de Bacharelato deste instituto.

A charla "A Física na Mediciña" tratou sobre a relación entre dúas disciplinas que podería pensarse que non teñen aspectos en común. Os métodos de Radioterapia para o tratamento do cancro requiren do emprego de isótopos radioactivos e de sofisticados aparatos que deben ser calibrados e manipulados por físicos para aplicarlles ós pacientes as doses solicitadas polos médicos. Do bo manexo destes instrumentos dependerá que a irradiación do paciente elimine o tumor causando os mínimos danos sobre os órganos sans que están arredor.

 
     
         

 

CLUB DE LECTURA DE COMIC

         
             
              
       
             
             

VIAXE A PARÍS

       
         
      

Catorce alumn@s de primeiro e segundo de Bacharelato de Francés,  xunto coas profesoras Loló Villar e Uxía Fonseca viaxaron a París dende o 14 ao 19 de xaneiro. Foron cinco días nos que aproveitaron para familiarizarse co idioma e visitar os lugares máis bonitos e atraientes desta cidade tan cosmopolita: o Moulin Rouge en Pigalle,  paseo por Montmartre (Praza do Tertre, Basílica do Sacre Coeur), a catedral de Notre Dame, a torre Eiffel, o  Trocadero, o Arco do triunfo, ....;  visitas a museos: Orsay, Louvre, Pompidou; paseo por el Sena no Bateau Mouche.  Un grupo de rapazas gozaron coa maxia de EuroDisney durante un día e houbo tamen tempo para que un grupo de rapaces e rapazas disfrutaran de un partido de futbol do París Saint Germain no Parc des Princes

Todo esto acompañado polas riquísimas crepes de chocolate que tanto lles gustaron.

 

 
     
         
         

ACTIVIDADES NA NEVE

       
         
   
         
 

Durante a semana do 15 ao 19 de xaneiro o alumando de terceiro da ESO e primeiro de Bacharelato, acompañados pol@s profesor@s  Laëtitia Álvarez, Clara Martínez, Iago Alvite e Carlos Domínguez, gozamos dunhas magníficas xornadas de esquí na estación andorrana de PAL. O tempo acompañounos e a calidade da neve foi boa en todo momento. 

Despois das xornadas de esquí, houbo diferentes visitas: dúas veces á cidade de Andorra e a "La Massana".

Para despedir a semana, durante a tarde noite do xoves, visitamos o centro termal de Caldea.

 
         

separadores

Distribuir contido