Skip to Content

Oferta formativa - Formación Profesional

Preguntas frecuentes

Que tipoloxía de títulos se ofertan neste centro formativo? 

  • Ciclos de grao básico, medio e superior (Dous cursos académicos): Oferta tanto en Dual xeral (Ordinaria) como Dual intensiva.
  • Curso de especialización (Un curso académico): Pensado para aquelas persoas que remataron un ciclo medio e que busquen especializarse nalgunha rama profesional.
  • Oferta modular parcial (Un curso académico): Módulos escollidos dun ciclo formativo para atender as necesidades de traballo máis urxentes nas empresas.

Que é a FP Dual? 

É unha modalidade de Formación Profesional que ten como finalidade a cualificación profesional das persoas nun réxime de alternancia de actividade laboral nunha empresa coa actividade formativa nun centro educativo.

A FP Dual integra os tres piares que sustentan o proceso de formación dun profesional: formación curricular (específica do ciclo formativo), traballo na empresa e formación complementaria (específica para os procesos produtivos da empresa), combinando a asistencia do alumnado no centro educativo coa súa formación e o seu traballo na empresa. Os centros e as empresas comparten as responsabilidades formativas para que as ensinanzas profesionais se adecúen ás necesidades do mercado laboral.

 
Cal é a diferenza entre a modalidade ordinaria e a Dual intensiva?  
Na seguinte táboa, resúmense as diferenzas principais entre a ordinaria e a intensiva.
 
  Ordinario FP Dual intensiva
Vía de entrada Académica mediante nota media expediente Profesional mediante selección empresas participantes
Requisito de idade Non existe 18 anos, excepto que non se cubran prazas que se rebaixa a 16 con permiso pais. Non hai límite superior
Duración prácticas Entre 500 e 700 horas repartidas Entre o 35% e o 50% da duración total da formación. En ciclos de dous anos, entre 700 e 1000 horas.
Alta na S.S. Si Si
Remuneración mensual
Non existe Como mínimo, a metade do salario mínimo profesional mediante bolsa ou contrato de formación en alternancia durante o período de traballo na empresa
  
   
Que vantaxes teño ao estudar un ciclo formativo na modalidade dual?
  • Recibirás unha remuneración desde o inicio do teu período de permanencia na empresa. Esta remuneración pode ir aumentando cada ano á medida que aumenta a túa competencia profesional.
  • Terás maior facilidade para a túa inserción no mercado laboral mediante a adquisición dunha titulación de formación profesional de xeito simultáneo á túa integración nos procesos produtivos da empresa.

 

Os módulos que se mostran nas diferentes titulacións son os que se impartirán no curso 2024/2025?

Os módulos e reparto de horas que se indican ao longo das diferentes ofertas corresponden ó establecido segundo os decretos de currículo actualmente en vigor. No curso 2024/2025 implantarase unha reforma que introduce algúns cambios que están pendentes de súa aprobación definitiva.

 

Teño a posibilidade de realizar a formación en empresa nun país estranxeiro?

Si. O IES Monte Neme é socio do consorcio da Xunta de Galicia para a realización de mobilidades dentro do programa Erasmus+. Dispós de máis información na sección da Dinamización de Programas Internacionais da web do centro.



by Dr. Radut